Puy critica que a oposición dea pábulo a denuncias sobre os servizos de urxencias baseadas en informacións que non se axustan á realidade

Santiago, 14 de xaneiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que os grupos da oposición estean a darlle “pábulo a denuncias que afectan tanto ao traballo dos profesionais dos servizos de urxencias sanitarias como aos pacientes que demandan este servizos, baseadas en afirmacións que non se axustan á verdade, como dalgún xeito se veu recoñecer cando se tiveron que rectificar ou aclarar estas declaracións”.
Continue reading

Pardo mostra a preocupación pola vulnerabilidade da mocidade galega ante a tendencia impositiva do Goberno de Sánchez

O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, mostrou a preocupación coa que a mocidade galega acolle os anuncios das futuras subidas de impostos que prepara o executivo de Sánchez ao considerar que pon en perigo a creación de postos de traballo pola incertidume que provocan estes anuncios, como a subida do imposto o diésel que provoca un encarecemento dos desprazamentos, o cal afecta os sectores máis vulnerables da sociedade.

Continue reading

Feijóo propón para as cidades gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España

Na presentación dos sete candidatos, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo para as cidades galegas gobernos que funcionan como o de Galicia, en lugar de fracasos como o de España: “Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”.

Continue reading

Tellado: “As liortas internas das Mareas de Podemos vanlle custar cartos a todos os galegos”

11, xaneiro, 2019.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os populares están convencidos de que haberá Grupo Mixto na Cámara galega, “pero hai que ver quen son os que o conforman: se Podemos, se os de Villares ou os de Anova”. “As liortas internas das Mareas de Podemos vanlle custar cartos a todos os galegos, porque a mera constitución do Grupo supón un importante gasto extra para as arcas do Parlamento”, engadiu.

Continue reading

Pedro Puy: “Somos o Parlamento que máis traballa, con máis horas de sesións plenarias e no que a oposición ten maior capacidade de control, co 80% das iniciativas que se debaten”

Santiago,  4 de xaneiro de 2019.- O voceiro do Grupo Popular Pedro Puy sinalou hoxe na rolda de prensa de balance sobre a actividade parlamentaria que “continuamos a ser dos parlamentos autonómicos de España que máis traballa, con 744 reunións de órganos colexiados  e 618 horas de sesións plenarias no que levamos de  Lexislatura e no que a oposición ten maior capacidade de control e impulso ao Executivo, co 80% das iniciativas que se debaten”.
Continue reading

O PPdeG considera un “desprezo absoluto ao Parlamento” e non descarta esixir todas as medidas legais previstas, incluídas as penais, a falta de lealdade institucional do Concello de Vigo ante a Comisión de Investigación do Marisquiño

Santiago,  de 2 de xaneiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos considerou hoxe un “desprezo absoluto ao Parlamento” e “unha falta de lealdade institucional” a negativa do Concello de Vigo a facilitar documentación á Comisión de Investigación do Marisquiño e a comunicalo a través da prensa.
Continue reading