O Grupo Popular critica que os concellos do PSOE, salvo algunha excepción, non se sumaran á rebaixa do 10% do canon de Sogama

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, cuestionou hoxe no Parlamento aos deputados socialista sobre “que consigna deron aos seus alcaldes en Galicia para que non se sumaran á rebaixa do 10 por cento do canon de Sogama aprobada pola Xunta e que esta rebaixa repercuta directamente no recibo que pagan os seus veciños”.
Continue reading

O Grupo Popular salienta o traballo coordinado, transversal e inxente que realiza a Xunta a prol dunha mobilidade máis sustentable

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe que o Goberno galego está a desenvolver “un traballo coordinado, transversal e inxente a prol dunha mobilidade máis sustentable, que inclúe un labor lexislativo e un enorme esforzo de planificación a través da estratexia integral de mobilidade sostible”.
Continue reading

O Parlamento aproba a Conta Xeral da Xunta de 2016, que introduciu melloras na xestión orzamentaria e financeira

Santiago, 26 de marzo de 2019.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe o informe da Conta Xeral da Comunidade galega correspondente a 2016 no que se constata que a Xunta “segue introducindo melloras na súa xestión orzamentaria e financeira, cumprindo ao mesmo tempo os obxectivos de estabilidade orzamentaria e cunha evolución positiva de indicadores ao duplicar o aforro bruto ata os 450 millóns de euros e conseguindo un aforro en xuros da débeda de 65 millóns de euros”, sinalou a deputada popular Cristina Romero.
Continue reading

O PPdeG insistirá no Pleno na necesidade que o Goberno do Estado estableza un marco enerxético estable e un prezo competitivo para as empresas electrointensivas

Santiago, 25 de marzo de 2019.- O Grupo Popular reiterará mañá no Pleno do Parlamento a necesidade de que o  Goberno do Estado estableza un marco enerxético estable e un prezo eléctrico competitivo consensuado co sector electrointensivo, dando resposta á situación que viven empresas galegas como Alcoa ou Ferroatlántica.
Continue reading