O PPdeG critica o bloqueo por parte da CIG das negociacións cos traballadores de Seaga

Santiago, 25 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Silvestre José Balseiros reiterou hoxe no Pleno “a vontade da Xunta a continuar as negociacións cos representantes dos traballadores de Seaga”, pero lamentou que, “unha vez acadados outros acordos para a mellora das condicións destes traballadores, impúxose unha situación de bloqueo por parte do sindicato maioritario CIG que non quixo asinar a constitución das comisións de seguimento”.
Continue reading

O PPdeG demanda aos socialistas que “se poñan a traballar e fagan unha nova Lei de financiamento local”

Santiago, 25 de setembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe no Parlamento aos socialistas que “se poñan a traballar e fagan unha nova lei de financiamento local, como lle están a pedir os seus propios socios”. “A ver se demandan aos seus compañeiros no Goberno do Estado que se centren en cousas serias e importantes para o país, porque despois de máis de cen días de campaña empeza a acusarse a súa insolvencia e os xestos xa non convencen a ninguén”, sinalou.
Continue reading

O Grupo Popular salienta que o servizo público de saúde atendeu aos milleiros de pacientes que se beneficiaron do decreto de tempos máximos

Santiago, 25 de setembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Pleno do  Parlamento que “os milleiros de pacientes galegos que se beneficiaron do decreto de tempos máximos de atención sanitaria foron atendidos no servizo público de saúde”. Deste xeito, manifestou que “esta realidade desbota as afirmacións feitas pola oposición tanto no debata da lei de garantías sanitarias como en intervencións posteriores, desmontando as falacias que estamos acostumados a escoitar desde hai anos”.
Continue reading

Pedro Puy afirma que “existen mecanismos para que Estado e Xunta comecen a facer negociacións” sobre a transferencia da AP-9 a Galicia

Santiago, 24 de setembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, unha vez que o Goberno central amosou a súa “boa vontade” levantando o veto á transferencia da AP-9 á Comunidade galega, “existen mecanismos que permiten que o Estado e a Xunta comecen a facer negociacións, que despois podan ter reflexo nas emendas que os grupos parlamentarios no Congreso presenten á proposición de lei remitida polo Parlamento galego”.
Continue reading

Feijóo di que Agustín Hernández será o alcalde que poña fin a un Goberno local aletargado e centrado na Marea

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta mañá que Agustín Hernández é o alcalde que necesita Santiago de Compostela, “unha cidade cun concello aletargado” que abandonou por completo o máis valioso do seu patrimonio: os seus veciños. E é que tal e como advertiu “ninguén pode mencionar tres logros do concello nos últimos tres anos” nin tampouco se pode explicar que “sexa máis rápido arranxar a fachada do Obradoiro que tapar unha fochanca”.

Continue reading

Feijóo di que Elena Muñoz é a resposta que necesita Vigo contra a arrogancia, as mentiras e a neglixencia na xestión

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo esta tarde que Elena Muñoz é “a resposta que necesita Vigo” contra a arrogancia, as mentiras e a neglixencia na xestión. Neste senso, apuntou  que é preciso “outra forma de facer política” que substitúa “a soberbia pola humildade no servizo aos demais; a mentira pola verdade; a neglixencia na xestión pola competencia e o exercicio de responsabilidades; e a confrontación polo entendemento”. “O que propoñemos –engadiu- é un concello que se adapte aos vigueses e non que sexan os vigueses os que teñan que adaptarse, aceptar ou soportar as cousas do seu concello e dos seus responsables”.

Continue reading