Santiago, 9 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se reafirma o compromiso de todos os galegos coa Unión Europea, que representa a paz e a convivencia pacífica, solidaria, próspera e a loita por unha sociedade máis igualitaria. En concreto, a iniciativa solicita, entre outras cuestións, intensificar a cohesión económica, social e territorial, en especial no que atinxe ao mantemento das políticas de cohesión, ao reforzo da cooperación transfronteiriza e ao impulso das conexións ferroviarias.
O Parlamento urxe unha solución inmediata ao conflito da Xustiza a través do acordo proposto pola Xunta
Santiago, 9 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se urxe a proceder a unha solución inmediata do conflito da Xustiza en Galicia a través da sinatura por parte dos sindicatos do acordo proposto pola Xunta, que coincide co mandato unánime expresado pola Cámara galega no mes de decembro. Así mesmo, a través da iniciativa do Grupo Popular solicítase ao Ministerio de Xustiza que continúe coa creación de novas unidades xudiciais en Galicia con cargo á programación de 2018.
O PPdeG critica que En Marea “intente crear unha realidade paralela” respecto do acordo sobre os terreos portuarios de A Coruña
Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento a En Marea de “intentar crear unha realidade paralela” respecto do acordo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto de A Coruña. Neste sentido, reiterou a solicitude para que o Concello “se sume ao protocolo e non quede á marxe da cidade” e asegurou que “calquera alcalde estaría contento de que a Xunta poña 20 millóns de euros no seu concello para o porto, que neste caso non son 20 senón 40 millóns porque tampouco queren os 10 millóns da intermodal, nin os 5,5 para vivendas sociais no Ofimático ou outros 5 millóns para o centro de saúde de Santa Lucía”.
O PPdeG salienta a “sensibilidade total do Goberno galego coas familias necesitadas, fuxindo da demagoxia que utiliza a oposición”
Santiago, 8 de maio de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, salientou hoxe no Parlamento galego “a sensibilidade total do Goberno galego coas familias máis necesitadas, fuxindo da demagoxia que utilizan os grupos da oposición”.
O Grupo Popular apoia no Parlamento reclamar de novo para Galicia a transferencia da AP-9
Santiago, 8 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe que desde o PPdeG “imos seguir reclamando para Galicia a transferencia da AP-9 en todos os foros que se consideren axeitados” e deste xeito apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha nova proposición de lei reclamando este traspaso. Porén, anunciou que “emendaremos esta proposta lexislativa para volver ao consenso e unanimidade” da proposición de lei aprobada no Parlamento galego en xaneiro de 2017”.
Puy salienta que o Grupo Popular sexa o único que trae ao Pleno a situación da Xustiza e a viaxe de Feijóo a México
Santiago, 7 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o PPdeG sexa o único que “trae ao Pleno desta semana debates importantes e de actualidade como a situación da Xustiza en Galicia, a recente viaxe do Presidente da Xunta a México ou a situación da Unión Europea nun momento no que se está a abrir a negociación sobre o plan orzamentario plurianual”.
Tellado: “Galicia lidera a baixada do desemprego porque tamén lidera a estabilidade institucional”
4, maio, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “Galicia lidera a baixada do desemprego porque tamén lidera a estabilidade institucional no noso país”. Coñecidos os datos de paro do mes de abril, o número dous dos populares destacou que estas cifras poderíanse resumir cunha idea moi sinxela: “máis emprego e de maior calidade”.
O Grupo Popular salienta que en Galicia existen 45 xulgados especializados en violencia de xénero
Santiago, 4 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que en Galicia existen 45 xulgados especializados en violencia de xénero, un en cada partido xudicial, polo que dixo “non compartir a afirmación dos socialistas de que o feito de vivir fóra de Vigo ou A Coruña supoña non contar con este tipo de xulgados especializados”.
O Grupo Popular reitera a demanda ao Concello de A Coruña para que se sume ao acordo entre Xunta e Fomento sobre os terreos do porto
Santiago, 3 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe que o convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento sobre os terreos do porto en A Coruña “garante de xeito definitivo que ese espazo quede de titularidade pública”, polo que reiterou a demanda para que o Concello “se sume a este importante acordo, deixando á marxe o enfrontamento e o vitimismo para priorizar o diálogo e a cooperación interadministrativa”.
O PPdeG afirma que a Xunta ten previsto entregar nas vindeiras semanas ao Concello de Carnota as obras de saneamento do Pindo
Santiago, 3 de maio de 2018. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, afirmou hoxe que a Xunta ten previsto entregar nas vindeiras semanas ao Concello de Carnota as obras da rede de saneamento no lugar do Pindo.