O Parlamento demanda ao Goberno central e Turespaña que restauren o tramo da muralla de Monforte entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova

Santiago, 20 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Enerxía e Turismo e a Turespaña que procedan a acometer as obras de recuperación e restauración que resulten procedentes no tramo da muralla de Monforte de Lemos comprendido entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova, dotando para tal efecto unha partida económica específica nos vindeiros orzamentos do Estado.
Continue reading

O Grupo Popular lembra que o Pacto Local asinado polo Goberno bipartito coa Fegamp recollía que os concellos asumían o mantemento dos colexios

Santiago, 19 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que a deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo “borre episodios da súa vida como responsable de Administración Local e esqueza que no Pacto Local asinado polo Goberno bipartito do que formaba parte xa se recollía que os concellos se farían cargo do custo do mantemento nos centros de ensino, ademais de que o persoal subalterno que presta os seus servizos nos colexios continuaría mantendo a súa relación laboral coa administración local”. 
Continue reading

O PPdeG pide ao Goberno central que poña en marcha as compensacións previstas polos custos adicionais das industrias electro-intensivas

Santiago, 18 de setembro de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se demanda ao Goberno central que poña en marcha, antes de que remate a anualidade orzamentaria de 2018, as compensacións previstas nos orzamentos por importe de 150 millóns de euros polos custos adicionais incorridos polas industrias electro-intensivas.
Continue reading

Pedro Puy avoga porque as comisións de investigación do Marisquiño e a sanidade galega “sexan útiles para coñecer a verdade”

Santiago, 17 de setembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque as comisións de investigación sobre o accidente do Marisquiño en Vigo e sobre a situación da sanidade galega “sexan útiles para coñecer a verdade”, polo que avanzou que “non imos converter nin esta nin outra actividade parlamentaria nun circo ou nunha tarefa interminable”.
Continue reading