Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei conxunta de todos os grupos parlamentarios a través da que se demanda ao Goberno central diversas actuacións de mellora da estrada N-550, atendendo a solicitude realizada pola asociación Pedaladas.
O Grupo Popular demanda que o Concello de Vilaboa “cenre os seus esforzos na aprobación do PXOM”
Santiago, 5 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Vilaboa “centre os seus esforzos na aprobación do Plan Xeral que ordene o municipio e dea a seguridade xurídica desexada por todos”.
O Parlamento demanda ao Goberno central medidas de prevención e protección contra o gas radón no interior dos edificios
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que aprobe, o máis pronto posible, unha modificación do Código Técnico da Edificación que introduza medidas para a prevención e protección das persoas fronte á exposición a gas radón no interior dos edificios.
O Parlamento solicita impulsar a extensión da ruta ciclista Eurovelo pola costa galega
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da qeu se demanda que a Xunta siga traballando na sinalización e promoción da ruta Eurovelo 3 en Galicia, impulsando deste xeito a extensión desta ruta de bicicletas pola costa galega.
O PPdeG critica que os socialistas pidan no Parlamento a mellora do transporte público de Ribadavia con Ourense cando o alcalde desentendeuse de demandalo
Santiago, 5 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe que a deputada socialista Noela Blanco demande agora no Parlamento a mellora do transporte público entre Ribadavia e Ourense, cando o alcalde socialista desta localidade desentendeuse de cumprimentar a enquisa coas demandas de transporte público de autobuses, “cuestión que tiveron que facer desde o Grupo Popular para que se mellorara a comunicación por estrada coa capital da provincia”.
O Parlamento insta á Xunta a impulsar a celebración de cimeiras entre Galicia e Portugal
Santiago, 4 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar a celebración de cimeiras entre Galicia e Portugal en asuntos sectoriais de interese para ambas partes e de carácter transfronteirizo.
O PPdeG valora uns Orzamentos Xerais nos que sube a inversión e que garanten a chegada das infraestruturas pendentes
Santiago, 3 de abril de 2018.- O deputado do PP e presidente da Comisión de Fomento no Congreso, Celso Delgado, valorou positivamente os Orzamentos Xerais do Estado presentados esta mañá, unhas contas nas que sube a inversión en Galicia e garanten a chegada das infraestruturas pendentes para a nosa Comunidade.
O Grupo Popular defenderá no pleno que a Xunta poida exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación por razón de maternidade
Santiago, 3 de abril de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que promova as reformas legais oportunas para que poida exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón de maternidade.
Tellado: “Os deputados de En Marea deberían votar a continuidade de Luis Villares como portavoz”
Santiago, 3 de abril de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, igual que van someter a continuidade de Paula Quinteiro a votación dentro das bases de En Marea, os deputados desta formación deberían votar tamén a continuidade de Luis Villares como portavoz dentro do grupo parlamentario.
Pedro Puy cualifica os orzamentos do Estado como “dignos porque reforzan a imaxe de estabilidade de España e a capacidade de gasto de quen máis o precisa”
Santiago, 2 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de orzamentos xerais do Estado son “dignos de ser aprobados, porque reforzarán a imaxe de estabilidade de España, a capacidade de gasto de quen máis o precisa e contribuirán a mellorar o funcionamento do sistema democrático”.
Puy demandou unha reflexión por parte dos grupos da oposición para comprobar “se interesa máis aprobar estes orzamentos co que incorporan ou manter a prórroga das contas vixentes desde o pasado ano”. “É certo que son os máis sociais dos últimos anos, para que o crecemento permita fortalecer aquelas persoas que máis sufriron coa crise económica”, polo que animou a “contribuír a reforzar ou mellorar” estas contas públicas.
CONTINUAR COA RECUPERACIÓN
Na súa intervención, o portavoz popular lembrou que no pasado Pleno aprobouse unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se instaba aos grupos parlamentarios do Congreso a facilitar a aprobación dos orzamentos xerais para 2018. “Consideramos que son bos para continuar coa recuperación económica, dan unha sensación real de estabilidade e incorporan cuestións que benefician a unha gran maioría dos galegos”, apuntou.
Pedro Puy salientou que os orzamentos recollen unha “inxección de 2.000 millóns de euros a través de rebaixas no IRPF ás rendas máis baixas, que van desde deducións por gastos de gardería, discapacidade ou familia numerosa, ata a elevación do umbral de tributación ata os 14.000 euros ou o incremento da redución da tributación para as rendas do traballo, e que beneficiarán a máis de 3,5 millóns de traballadores”.
Así mesmo, destacou a suba de ata un 3 por cento das pensións, que beneficiará a cerca de 500.000 pensionistas galegos; e a suba importante dos salarios dos empregados públicos, pactada cos sindicatos.
ACTUACIÓN MOI CORRECTA
Cuestionado sobre a situación da folga do persoal da Xustiza en Galicia, Pedro Puy afirmou que o vicepresidente da Xunta “ten actuado moi correctamente defendendo o interese xeral, expresado nunha proposición non de lei aprobada por unanimidade neste Parlamento que recollía o que os propios sindicatos esixían”.
Deste xeito, lembrou que a iniciativa parlamentaria demandaba que os complementos autonómicos estiveran por enriba da media das comunidades españolas, ao tempo que se establecía unha garantía do complemento tamén por enriba da media española.
“Agora, no debate, unha vez se cumpre o mandato parlamentario e que a suba salarial do persoal da Xustiza superaría o 13 por cento, cómpre non poñer máis escusas e poñer fin a esta folga que está afectando a moitas familias e moitos operadores do sector, conlevando un atraso na tramitación de procedementos xudiciais”, manifestou.