Santiago, 28 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que “existe un compromiso por parte do Sergas e da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de estar vixiantes para que se cumpra a legalidade nas condicións laborais dos traballadores do servizo de operación telefónica do 061 e para que se garanta un servizo de calidade para a cidadanía no traslado ás novas instalacións de A Estrada”.
O PPdeG defenderá no pleno, entre outras iniciativas, afondar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero e a ampliación do programa galego de pacientes polimedicados
Santiago, 27 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a afondar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, intensificando as accións contra a fenda salarial e pola igualdade efectiva no traballo. Así mesmo, demandará á Xunta a ampliación do programa galego de pacientes polimedicados, a través de novas estratexias de xestión e da formación dos profesionais.
O PPdeG demanda ao Goberno central que permita aos concellos utilizar os remanentes de tesourería para devolver as plusvalías municipais mal cobradas
Santiago, 26 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que permita aos concellos utilizar os seus remanentes de tesourería positivos para a devolución do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana indebidamente cobrado.
O Parlamento aproba, a través dunha emenda do GPP, dirixirse ás empresas de enerxía eléctrica para que teñan en conta nos seus plans a singularidade e necesidades do rural galego
Santiago, 26 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a través dunha emenda de substitución do Grupo Popular, que o Goberno galego se dirixa ás empresas
subministradoras de enerxía eléctrica co fin de que os plans de investimentos anuais contemplen específicamente a singularidade e necesidades do rural galego, para continuar a mellora da calidade da subministración eléctrica.
Tellado: “Se a economía está despegando grazas aos Orzamentos da Xunta, imaxinen se ademais tivésemos un modelo de financiamento xusto”
Santiago, 23 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou que, “se a economía está despegando grazas aos Orzamentos da Xunta, imaxinen se ademais tivésemos un modelo de financiamento xusto”.
O deputado Carlos Gómez Salgado salienta que a Xunta leva abonado 160 millóns das axudas da PAC, un 15% máis que o ano anterior
Santiago, 23 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe que a Xunta de Galicia leva abonado cerca de 160 millóns de euros das axudas da Política Agraria Común correspondentes a 2017, o que supón un incremento do 15 por cento respecto do ano anterior.
César Fernández salienta que máis de 1.100 alumnos de León e Zamora reciban ensino de galego durante o presente curso
Santiago, 22 de febreiro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, cifrou hoxe no Parlamento en máis de 1.100 os alumnos de centros de ensino de Castela e León que reciben ensino de galego no Bierzo e Sanabria. “A valoración deste programa, que leva 17 anos funcionando é positiva tanto polo interese do alumnado pola lingua galega como pola colaboración do resto do profesorado e dos equipos directivos dos centros”.
O GPP rexeita a folga do 8 de marzo porque aposta polo enfrontamento e é elitista, insolidaria e irresponsable
Santiago, 21 de febreiro de 2018.- “Desde o Grupo Popular rexeitamos a folga convocada para o vindeiro 8 de marzo porque aposta polo enfrontamento entre mulleres e homes; por ser elitista e insolidaria; e porque é irresponsable”, explicou hoxe no Parlamento a viceportavoz popular, Paula Prado. Neste sentido, apuntou que “nós seguiremos reivindicando a igualdade de oportunidades e facendo propostas en positivo que melloren a situación das mulleres”.
O Parlamento insta á Xunta a presentar o balance do III Plan Director da Cooperación Galega e presentar o IV Plan Director para o período 2018-2020
Santiago, 21 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, solicitar á Xunta que presente no primeiro cuadrimestre deste ano un balance da execución do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, así como elaborar o IV Plan Director para o período 2018-2021.
O Parlamento insta á Xunta a incluír a construción modular de vivenda no seu programa de promoción pública
Santiago, 21 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a incluír a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública, co obxectivo de avanzar na industrialización dos procesos de construción de vivendas e reducir prazos no proceso de construción de novas vivendas para os sectores máis desfavorecidos da poboación.