Santiago, 5 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a avanzar na conservación e difusión da toponimia tradicional galega, nomeadamente a través dos traballos de xeorreferenciación do nomenclator e microtoponimia, así como o desenvolvemento da aplicación colaborativa para a revisión, corrección e actualización do nomenclator de Galicia.
O Parlamento insta á Xunta a promover a humanización dos servizos sanitarios
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar coa transformación dos servizos sanitarios para responder mellor aos requirimentos e expectativas da cidadanía, promovendo a humanización destes servizos nas súas vertentes de capacitación científico-técnica dos profesionais e de aproximación humana ao paciente, digno de respecto e consideración.
O PPdeG acusa á oposición de pretender que a Xunta incumpra a lei respecto do proxecto mineiro de Touro-O Pino
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de pretender que a Xunta “incumpra a lei” aprobada en tempos do Goberno bipartito respecto do proxecto mineiro de Touro-O Pino, “rexeitando esta actuación sen nin sequera tramitala e avaliala”.
O PPdeG salienta a transparencia coa que Medio Rural está a informar sobre a loita contra a praga da couza guatemalteca
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado salientou hoxe no Parlamento a transparencia coa que a Consellería do Medio Rural está a informar sobre a loita contra a praza da couza guatemalteca. Neste sentido, indicou que, “coa prudencia e cautela que o tema aconsella, mantendo a aplicación das medidas e a garda e vixilancia das mesmas, e sen ser triunfalistas en absoluto, todo apunta a que as medidas adoptadas pola Xunta estanse manifestando eficaces e efectivas na loita contra esta praga”.
Miguel Tellado celebra que a oposición teña as mesmas prioridades en materia de emprego que a Xunta de Galicia
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, celebrou hoxe no Parlamento que a oposición asuma as mesmas prioridades que ten a Xunta de Galicia en materia de emprego, ao lembrar que o Goberno galego está a centrar as súas políticas en mellorar as condicións dos traballadores, reducir a fenda salarial por cuestión de xénero ou incrementar a contratación entre os máis novos, entre outros aspectos.
O GPP salienta que Galicia sexa pioneira na implantación de programas de mellora do servizo de emerxencias
Santiago, 4 de decembro de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Parlamento que o servizo de emerxencias de Galicia “continúa sendo pioneiro na implantación de programas dirixidos a mellorar a asistencia, sendo observado e imitado polo resto dos servizos de saúde de España”.
O PPdeG defende no Parlamento que a Xunta respecte a decisión dos traballadores de Conservas Esteiro e realice as accións oportunas para evitar o peche da empresa
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O portavoz de Pesca do Grupo Popular, Carlos López Crespo, defendeu hoxe no Parlamento que “a Xunta respecte a decisión maioritaria dos traballadores e das súas negociacións coa empresa e realice as accións oportunas para evitar o peche de Conservas Esteiro, polos dramáticos efectos que o peche tería sobre o emprego, a economía da comarca do Barbanza e o conxunto do sector conserveiro galego”.
O Parlamento aproba a Lei que blinda o pago do 50% do recibo da luz aos fogares con menos recursos e evita que se lles poida cortar o subministro eléctrico
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, que “blinda o pago por parte da Administración do 50 por cento do recibo da luz aos fogares con menos recursos, ao tempo que non se lles poderá interromper a subministración”, sinalou a portavoz de Enerxía, Marta Nóvoa.
O Parlamento aproba a primeira Lei de portos de carácter autonómico
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a primeira Lei de portos de carácter autonómico, que adapta a normativa portuaria ás diversas particularidades dos peiraos galegos. “A creación deste necesario marco lexislativo permitirá aproveitar ao máximo as potencialidades dos nosos portos, a través das súas características, singularidades e especificidades; gozar dunha vantaxe cualitativa para o noso sistema portuario respecto a outros marcos normativos; e ter unha Galicia portuaria máis atractiva”, sinalou a deputada popular Teresa Egerique.
Tellado: “O emprego indefinido sobe en Galicia por riba da media do Estado no mellor novembro dos últimos 20 anos”
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do paro publicados hoxe, salientando que o emprego indefinido subiu en Galicia por riba do ritmo de subida da media do Estado no mellor novembro dos últimos 20 anos, pois rexistramos o menor incremento do desemprego mensual neste mes en dúas décadas.