O PPdeG salienta que o compromiso do Goberno central co AVE a Galicia amósase en que Fomento destine a estas obras o 50% dos 900 millóns previstos de investimento para 2018

Santiago, 10 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe no Parlamento que “o compromiso do Goberno central co transporte ferroviario en Galicia refléxase en que dos 900 millóns de euros consignados por Fomento no proxecto de orzamentos do Estado para 2018 para a Comunidade galega, máis do 50 por cento son para o ferrocarril”.

Continue reading

A voceira de Cultura demanda de novo “prudencia e paciencia para que a Comisión de Expertos remate as súas propostas sobre a devolución do Pazo de Meirás”

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, María Antón, demandou de novo hoxe aos grupos da oposición no Pleno do Parlamento “prudencia e paciencia para esperar a culminación dos traballos da Comisión de Expertos e coñecer as súas propostas e estratexia para a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público sen que lle custe un euro ao pobo galego”.

Continue reading

O GPP demanda incrementar os equipos de valoración da discapacidade para eliminar as listas de espera en 2018

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, Marta Rodríguez-Vispo, demandou esta tarde no Parlamento que a Xunta incremente o número de postos de traballo dos equipos de valoración da discapacidade en Galicia, co obxectivo de eliminar a lista de espera antes de que remate o ano 2018, tanto nas novas solicitudes como nas revisións das valoracións de discapacidade.

Continue reading

A voceira de Igualdade salienta que o I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade é un documento vivo ao que se poden incorporar novas actuacións

Santiago, 10 de abril de 2018.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, salientou esta tarde no Parlamento a aprobación polo Goberno galego, a semana pasada, do I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021. “Un documento que incorpora 100 medidas concretas pero que é vivo, polo que se poderán incorporar novas actuacións que se adapten ás necesidades e ao desenvolvemento das políticas dirixidas á conciliación da vida laboral, personal e familiar, así como á corresponsabilidade”, apuntou.

Continue reading

O Grupo Popular reitera a demanda de modificar a Lei de Facendas Locais para que os concellos poidan establecer exencións do IBI ás familias vulnerables

Santiago, 10 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular, Sandra Vázquez, reiterou hoxe no Parlamento que “a mellor opción para a defensa das familias vulnerables respecto do pago do imposto de bens inmobles é modificar a Lei de facendas locais para permitirlle aos concellos establecer exencións no IBI, e non limitarse ás persoas que teñan vivenda de promoción pública”.

Continue reading

O PPdeG afirma que a diminución do gasto en atención primaria sanitaria desde 2009 débese á redución do gasto en receitas e a eliminación do fondo de continxencia

Santiago, 10 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, explicou hoxe no Pleno que “a diminución do gasto da Xunta no programa de atención primaria entre os anos 2009 e 2018 débese fundamentalmente á redución do gasto en receitas e á eliminación do fondo de continxencia”. Así mesmo, considerou que “subir os impostos da clase media para mellorar a sanidade non é a solución”.

Continue reading

Pedro Puy considerou satisfactoria a Convención Nacional do PP na que o PPdeG tivo moita presencia na formulación de ideas nos ámbitos económico, educativo e social

Santiago, 9 de abril de 2018.- Respecto da Convención Nacional celebrada polo Partido Popular esta fin de semana en Sevilla, Puy afirmou que “en liñas xerais o balance é satisfactorio desde o punto de vista galego, xa que o PPdeG tivo moita presencia na formulación de ideas nos ámbitos económico, educativo e social”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica o proxecto de orzamentos do Estado como “bos para os galegos, tanto en materia de política fiscal e de pensións, como do investimento”

Santiago, 8 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe como “bos para os galegos o proxecto dos orzamentos xerais do Estado, tanto desde o punto de vista da política fiscal e de pensións, como do investimento. Así mesmo, considerou que a oposición demostra “pouca responsabilidade” a nivel nacional, porque “está utilizando unha difícil situación para acadar maiorías máis para poñer paos nas rodas da maioría que goberna que para buscar alternativas ou condicionar a política que se fai polo partido que está en minoría no Congreso pero ten que gobernar”.

Continue reading