O GPP solicita ao Concello de Poio que cumpra o convenio asigado co SERGAS para a ampliación do Centro de Saúde de Anafáns en Poio

Santiago, 12 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Poio dea cumprimento a todos os compromisos administrativos e orzamentarios asumidos no convenio asinado en setembro de 2016 co Servizo Galego de Saúde para a execución das obras de ampliación e reforma do centro de saúde de Anafáns, co fin de que, unha vez dados eses pasos, o SERGAS poida proceder á realización das actuacións necesarias.

Continue reading

Paula Prado salienta a “coherencia” do PPdeG na demanda da modificación da Lei de Xogo de Galicia

Santiago, 12 de abril de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe a “coherencia” amosada polo PPdeG na Comisión 5ª do Parlamento ao apoiar unha iniciativa do Grupo Socialista a través da que se solicita á Xunta a modificación da Lei do xogo de Galicia, “unha demanda que xa foi aprobada hai menos de dous meses a través dunha iniciativa do PPdeG, que naquela ocasión contou coa abstención dos socialistas”.

Continue reading

O GPP apoia que a Xunta inicie a dotación de prazas púbicas de residencia de maiories no Concello de A Estrada

Santiago, 12 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar, antes de 2020, a dotación no Concello da Estrada de prazas públicas en  residencias  de maiores,  suficientes  para  acoller  a  demanda  presente  e  no  inmediato  futuro  na  comarca  de  Tabeirós-Terra de Montes.

Continue reading

O voceiro de Sanidade critica que os socialistas racharan en Comisión o acordo unánime acadado en pleno para ampliar o listado de enfermidades raras

Santiago, 12 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou hoxe que “os socialistas racharan o acordo unánime aprobado polo Pleno do Parlamento demandando ao Goberno central a ampliación do lista de enfermidades consideradas raras, co único obxectivo de intentar ganar un puñado de votos”.

Continue reading

O Parlamento apoia o manifesto da FREMSS para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea

Santiago, 11 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei conxunta de todos os grupos parlamentarios a través da que se manifesta o apoio ao manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).

Continue reading

Tellado: “Iglesias debería saber que a oferta da Xunta coloca aos empregados de Xustiza por riba da media estatal”

Santiago, 11 de abril de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, lamentou o “profundo descoñecemento” que demostrou hoxe Pablo Iglesias trala reunión mantida cos representantes sindicais que lideran a folga da xustiza. Neste sentido, lembrou que a última oferta económica presentada pola Xunta de Galicia colocaría aos traballadores por riba da media que perciben os seus compañeiros do resto de España, e contén unha cláusula que blinda que sexa así nun futuro.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a promover reformas legais para que poida defender ás mulleres nos xuízos por delitos de discriminación derivada da maternidade

Santiago, 11 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita que a Xunta promova as reformas legais oportunas para que poida defender os dereitos das mulleres, sempre autorizadas por elas, e exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón da situación familiar consecuencia da maternidade.

Continue reading

O Parlamento de Galicia solicita que a Xunta reforce o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

Santiago, 11 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, para que a Xunta de Galicia estableza unha serie de medidas e accións que fortalezan o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. A proposta inclúe tamén a elaboración dun programa de colaboracións cos centros de estudos xacobeos.

Continue reading