Puy pide ao BNG que “deixe os papeis pintados” da súa proposta de cupo para Galicia, que sería “fondamente prexudicial para a facenda galega”

Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe ao BNG que “deixe os papeis pintados” da súa proposta de cupo para Galicia porque sería “fondamente prexudicial para a Facenda galega e, en conxunto, para todos os galegos”. Puy referiuse ao último Informe anual de recadación tributaria, correspondente ao exercicio de 2014, do que se pode deducir que Galicia perdería cerca de 2.200 millóns de euros coa proposta dos nacionalistas.

Continue reading

O pleno desta semana revela as prioridades do PPdeG nesta Lexislatura: reforzar a economía, emprego de calidade e potenciar os servizos públicos

Santiago, 11 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Pleno desta semana “será un reflexo das prioridades do PPdeG para esta lexislatura: reforzar a economía para que se xere emprego de calidade e potenciar os servizos públicos”. En concreto, fixo referencia á proposición de lei de fomento da implantación empresarial, a Estratexia Autónomo 2020 ou o Cheque-Formación para desempregados.

Continue reading

O Parlamento solicita ao Goberno central que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno de España para que incremente as posibilidades de emprego do superávit por parte dos concellos, dentro dos límites marcados pola Constitución e a normativa europea de estabilidade orzamentaria.

Continue reading

O Grupo Popular apoia solicitar a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal

Santiago, 8 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción. “Tanto para este Grupo Parlamentario como para o Goberno a corrupción é unha das preocupacións a erradicar, tomar as medidas oportunas e loitar contra esta lacra que prexudica tan negativamente á nosa democracia e á política en xeral”, sinalou a deputada Maribel Novo Fariña.

Continue reading

O Grupo Popular apoia no Parlamento demandar a Portos do Estado orzamento para a execución inmediata da conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña

Santiago, 7 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda de Portos do Estado unha dotación orzamentaria no plan de investimentos para o ano 2018 e seguintes que garantan a execución inmediata das obras de conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña.
Continue reading

Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de lei de benestar animal, paso previo ao seu debate definitivo en Pleno

Santiago, 7 de setembro de 2017.- A Comisión 2ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía, co que este texto lexislativo queda listo para a súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Medio Ambiente, Gonzalo Trenor, salientou que se trata da “lei máis ambiciosa e completa do territorio nacional para loitar contra o abandono e o maltrato animal, fomentar a adopción de animais abandonados e concienciar á cidadanía sobre a tenza responsable de animais”.
Continue reading

Feliz aniversario, presidente Albor!

Santiago, 7 de setembro 2017.- O PPdeG quere trasladar unha mensaxe de felicitación ao seu presidente de honra, Xerardo Fernández Albor, polo seu aniversario número 100. Para isto, os populares prepararon vídeo (https://youtu.be/Vk-6izKt0cA) que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe ao primeiro presidente da Xunta que tivo o PP en Galicia (Alianza Popular).
Continue reading