Pedro Puy considera que os orzamentos do Estado son “bos para darlle estabilidade ao crecemento económico que está a experimentar España”

Santiago, 7 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que os orzamentos do Estado son “bos para darlle estabilidade ao crecemento económico que está a experimentar España”, ao tempo que “manteñen  compromisos de gasto fundamentais para Galicia, como as infraestruturas do AVE”. “O Partido Popular foi capaz de dialogar e construír unha maioría para darlle estabilidade ao país a través dos orzamentos, que son o plan de gasto e investimento do Estado para un ano”, engadiu.

Continue reading

O GPP reitera o máximo interese da Xunta por axudas ao concello de Betanzos na declaración como BIC do parque do Pasatempo

Santiago, 4 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón reiterou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa ten manifestado o seu máximo interese por axudar ao Concello de Betanzos para poñer en marcha o expediente para a declaración como ben de interese cultural do parque de O Pasatempo, ao tempo que se comprometeu a revisar o anteproxecto de rehabilitación deste espazo e prestar asesoramento técnico para a súa adecuación á normativa vixente”.
Continue reading

O GPP defende que o Banco de España indague sobre as prácticas financeiras inadecuadas e poña os medios para evitalas protexendo aos cidadáns

Santiago, 3 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, defendeu hoxe no Parlamento que o Banco de España “indague sobre as prácticas financeiras inadecuadas que se poden estar producindo no noso país e poña os medios ao seu alcance para evitalas, protexendo, deste xeito, os dereitos da cidadanía galega cando utiliza os servizos financeiros”.

Continue reading

Tellado agarda que “o mellor abril da historia sexa o anticipo dun gran ano para a nosa economía”

Santiago, 4 de maio 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este xoves os datos do desemprego relativos ao mes pasado, que achegan unha caída na cifra de desempregados de 23.524 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso interanual do 10,31%, sendo a maior baixada en abril de toda a serie histórica, desde 1996; e situando á Comunidade en niveis de paro inferiores a hai oito anos. Así, desexou que “este sexa un bo punto de partida para que a economía galega no seu conxunto teña un gran ano”.
Continue reading

Pedro Puy salienta o feito de que a sociedade “estase desapalancando e intentando recuperar a independencia fronte ás entidades financeiras”

Santiago, 3 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou esta mañá no Parlamento que a sociedade galega e española “estase desapalancando e intentando recuperar a independencia fronte ás entidades financeiras”. Neste sentido, considerou “unha equivocación” a pretensión dos grupos da oposición de volver a niveis de préstamo bancarios existentes ao inicio da crise económica.
Continue reading

Marían García:”As mulleres galegas necesitan un plan de emprego feminino,pero o que non necesitan é un plan de emprego socialista”

Santiago, 3 de maio de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, reiterou hoxe que a Xunta de Galicia xa confirmou que haberá un plan de emprego feminino. “As mulleres galegas necesitan un plan de emprego feminino, pero o que non necesitan é un plan de emprego socialista”, manifestou en resposta a unha iniciativa do PSdeG debatida esta mañá no Parlamento.
Continue reading

O GPP pedirá no pleno que as axudas para incorporar mozos ao rural tributen nun período mínimo de cinco anos ou a través da entidade na que participen

Santiago, 2 de maio de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Ministerio de Facenda fixe un período mínimo de cinco anos de imputación no imposto da renda para as subvencións por incorporación de mozos ao rural galego ou se esa incorporación se fai mediante a súa participación en entidades, a axuda percibida se impute na imposición desta entidade. Así mesmo, os deputados populares instarán á Xunta a planificar actuacións que favorezan o impulso dun Hub de gas natural licuado en Galicia.

Continue reading