Santiago, 11 de outubro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou e cualificou de “sorprendente que ao BNG lle moleste que durante o verán, época na que diminúe a afluencia de persoas enfermas a calquera hospital, se realizaran as obras de reparación e mellora na Unidade de Oncoloxía do Complexo Hospitalario de A Coruña”.
O GPP afirma que o SERGAS aumentará seis puntos a porcentaxe de persoal fixo na sanidade galega
Santiago, 11 de outubro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou esta mañá no Parlamento que a execución do Plan de estabilidade no emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do SERGAS, xunto coa finalización dos procesos selectivos en marcha con máis de 800 prazas convocadas, vai aumentar en seis puntos a porcentaxe que representa o persoal fixo sobre o total de persoal da sanidade galega, reducindo do 8 ao 5 por cento a porcentaxe de persoal eventual.
Pedro Puy destaca o carácter “plenamente participativo” do pleno da vindeiro semana
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o carácter “especialmente participativo” do Pleno convocado para a vindeira semana, xa que se procederá ao debate de textos lexislativos remitidos polo Goberno galego, o Grupo Popular e a través da iniciativa popular, ao que se sumará tamén unha proposición non de lei de iniciativa popular.
O GPP avoga porque as producións agrogandeiras e forestais xeren suficiente valor engadido para loitar contra a despoboación no rural
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que “a mellor forma de recuperar o rural e loitar contra a despoboación é conseguir que as producións agrogandeiras e forestais xeren produtos co suficiente valor engadido para beneficiar a todos os partícipes no proceso de produción”.
O Parlamento insta á Xunta a elaborar, xunto co Consello galego de Pesca, un informe sobre o cumprimento da normativa de descartes pesqueiros
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que, a través do Consello Galego de Pesca, elabore un informe que recolla as accións desenvolvidas na Comunidade galega a prol de acadar o cumprimento da normativa sobre descartes e as propostas de cara a acadar unha maior flexibilidade da que ofreceu Bruxelas ata o momento para os descartes pesqueiros.
O GPP apoia no Parlamento demandar ao Goberno central unha redución do IVE do 10 ao 4 por cento para os produtos pesqueiros e marisqueiros
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que reduza o imposto sobre o valor engadido (IVE) para produtos pesqueiros e marisqueiros do 10 ao 4 por cento.
O Parlamento demanda a Xunta e concellos a realización de campañas para a erradicación do furtivismo no mar
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta e aos concellos costeiros galegos a levar adiante campañas para a erradicación do furtivismo, que prexudica a economía dos profesionais do mar, a saúde pública pola falta de seguridade alimentaria e agrede aos recursos mariños con danos que poden chegar a ser irreparables.
O GPP apoia demandar solucións que melloren a cobertura telefónica e de internet no concello ourensá de Cartelle
Santiago, 9 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar, en colaboración co concello ourensán de Cartelle, as xestións oportunas coa veciñanza e as respectivas comunidades de montes para buscar solucións viables que dean resposta aos problemas de cobertura telefónica e internet existentes en varios núcleos de poboación deste municipio.
Puy valora positivamente o Debate sobre a Autonomía pero lamenta que En Marea e BNG votaran en contra das rebaixas fiscais ou do incremento da atención a dependentes
Santiago, 9 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe “positivamente” o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrado a pasada semana, “non só polas propostas de resolución aprobadas, senón tamén porque serviu para clarexar ante a sociedade a posición que manteñen os distintos grupos parlamentarios sobre os temas de actualidade, incluso con algunha división interesante nalgún grupo en relación co marco constitucional”.
Continue reading
Miguel Tellado:”As propostas de resolución aprobadas no Debate da Autonomía teñen como único obxectivo mellorar a calidade de vida dos galegos”
Santiago, 6 de outubro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe no debate das propostas de resolución presentadas polos grupos parlamentarios no Debate sobre o Estado da Autonomía que as 40 presentadas e aprobadas do PPdeG “teñen como único obxectivo mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns, atender as súas demandas e dar resposta as súas necesidades”.
Continue reading