O Parlamento galego pide á Xunta que manteña a tramitación garantista e respectuosa co medio ambiente dos proxectos mineiros

 

21 de setembro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a manter unha tramitación garantista e respectuosa co medio ambiente dos proxectos mineiros na Comunidade galega, de xeito que todas as iniciativas, especialmente as relativas a materias primas fundamentais ou minerais críticos segundo os plans e programas europeos, cumpran cos requisitos exixidos tanto na normativa estatal como na autonómica.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Goberno central e Adif que estableza datas concretas e certeiras para a construción da parte ferroviaria da estación intermodal de Ourense

20 de setembro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España e a Adif que estableza datas concretas e certeiras respecto á construción da parte ferroviaria da estación intermodal de Ourense e que cumpra co convenio asinado co Concello e coa Xunta de Galicia no que se comprometía a remodelar a estación de tren, a favorecer a integración do ferrocarril na cidade e garantir a permeabilidade dos diferentes medios de transporte de viaxeiros.

Continue reading

Paula Prado sobre o bono deportivo de 120€ anunciado por Rueda: “Unha vez máis, as familias terán ao seu carón ao Goberno galego para afrontar gastos que son imprescindibles neste curso”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo hoxe en valor a “novidosa” medida anunciada esta semana polo presidente Alfonso Rueda de implantar un bono de 120 euros para rapaces e rapazas federados de entre 6 e 16 anos. Unha achega que chegará a máis de 130.000 fogares e que “vai axudar ás familias a que os máis pequenos da casa se mentalicen en levar a cabo unha vida saudable e tamén incentivará as compras no comercio galego”.

Continue reading

O Parlamento galego solicita continuar impulsando iniciativas para incentivar o consumo de produtos do mar

19 de setembro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta á Xunta a continuar impulsando iniciativas dirixidas a incentivar o consumo de produtos do mar, ben a través de campañas de promoción dirixidas a todos os segmentos da poboación ou con axudas á cadea mar-industria, nomeadamente un PERTE específico para facilitar a adaptación dos produtos ás demandas da cidadanía e ás novas necesidades do mercado.

Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno a inclusión do itinerario noroeste do Corredor Atlántico no órgano xestor da rede europea de mercadorías

19 de setembro de 2023. O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que o Goberno de España adopte as medidas oportunas ante as autoridades europeas para que o itinerario noroeste do Corredor Atlántico non sexa excluído do órgano xestor da futura rede europea de mercadorías. Así mesmo, insistirá ao Goberno central para que aprobe, con carácter inmediato, un marco de subministración eléctrica competitiva, estable e predicible para a gran industria consumidora de enerxía.

Continue reading

O PPdeG pedirá de novo no Parlamento de Galicia explicacións e dimisións pola Lei do ‘só si é si’

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anunciou hoxe que a súa formación presentará unha nova iniciativa no Parlamento de Galicia para pedir explicacións e dimisións pola “nefasta e desastrosa” Lei do ‘só si é si’, aprobada polo Goberno central do PSOE e Podemos, que cualificou como “o maior retroceso nos dereitos das mulleres en toda a historia da democracia española”.

Continue reading

Rueda agradece a Feijóo o seu gran interese por Galicia e lamenta que Sánchez demostrara que “non lle importa en absoluto”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, agradece a Alberto Núñez Feijóo o gran interese que demostrou por Galicia tanto na súa ronda de contactos de cara á investidura como no seu proxecto de país para España, ao tempo que lamenta que Pedro Sánchez volvera demostrar onte que a nosa Comunidade “non lle importa en absoluto”.

Continue reading

Alberto Pazos destaca a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía e a tramitación dos orzamentos como mostras da normalidade política que gozamos en Galicia

18 de setembro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe que a celebración no mes de outubro do Debate sobre o Estado da Autonomía e o inicio da tramitación dos orzamentos da Xunta para 2024 son unha demostración da “normalidade política que gozamos en Galicia”, en contraste coa inestabilidade que se vive a nivel estatal.

Continue reading