Os conselleiros Valeriano Martínez, Ethel Vázquez, Román Rodríguez, Jesús Vázquez e Ánxeles Vázquez deixarán as súas actas de deputados

Santiago, 29 de xaneiro de 2017.- Os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez; de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; de Sanidade, Jesús Vázquez; e de Medio Rural, Ánxeles Vázquez deixarán as súas actas de deputados para centrarse no seu labor no Goberno da Xunta de Galicia.

 

Estes cinco conselleiros procederán a asinar a súa dimisión como deputados durante a vindeira semana, co obxectivo de que os novos deputados poidan tomar posesión dos seus escanos no primeiro Pleno que se celebre.

 

En concreto, os novos deputados que tomarán posesión serán Soraya Salorio e Gonzalo Trenor, pola provincia de A Coruña; e Isabel Novo, Moisés Rodríguez y Jacobo Moreira, pola provincia de Pontevedra. O Grupo Popular procederá, a continuación, a reordenar as súas portavocías de área e membros en cada comisión.

O PPdeG celebra que Galicia “teña hoxe a taxa de paro máis baixa dos últimos seis anos”

Santiago, 26 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este xoves os datos revelados pola Enquisa de Poboación Activa (EPA) relativos ao último trimestre do ano 2016, e celebrou que “Galicia teña hoxe o nivel de paro máis baixo dos últimos seis anos”. Así, lembrou que a Comunidade encadea xa once trimestres consecutivos de caída do desemprego, e sinalou que “non hai mellor mostra de que as reformas emprendidas nestes anos deron resultado”, polo que entende que estes datos “deben dar ánimos ao Goberno e á Xunta para continuar coa súa política económica”.

Continue reading

O PPdeG apoia no Parlamento que a Xunta estenda á educación infantil,primaria,secundaria e bacharelato feramentas dixitais para facilitar a elaboración de programacións didácticas

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento galego, logo dunha transacción co Grupo Socialista, a través da que se solicita á Xunta ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña xa emprendida pola Consellería en formación profesional, poñendo, á maior brevidade posible, un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acorde co modelo curricular vixente.

Continue reading

O Parlamento solicita á Xuna elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais, “reforzando as políticas dirixidas ao benestar das familias e, sobre todo, das familias de especial consideración”, manifestou a portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodriguez Arias.

Continue reading

O GPP demanda “seriedade” á oposición ao falar dos problemas en urxencias motivados polos picos de gripe

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe á oposición tratar o problema das urxencias sanitarias por mor dos picos da gripe “con seriedade”. “O problema non se soluciona como piden os socialistas esixindo informes aos xerentes dos hospitais, nin botando a culpa aos equipos directivos ou aos profesionais, porque este problema xa ven desde hai moito tempo, cando non había crises nin recortes e eran anos de bonanza e investimentos”, apuntou.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a aprobar no primeiro semestre deste ano una norma que regule a contratación do persoal investigador laboral

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a aprobar durante o primeiro semestre deste ano a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade galega, incorporando a correspondente memoria económica. “Con esta norma, Galicia volverá a ser pioneira en España, creando por primeira vez a figura do persoal investigador e incluíndoa no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica, co obxectivo de favorecer a retención do talento científico”, asegurou o deputado do Grupo Popular Moisés Blanco

Continue reading

O GPP salienta o apoio “desde o primeiro momento” do Goberno galego aos afectados polas cláusulas chan

Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que o Goberno galego “posicionouse claramente do lado dos consumidores e actuou desde o primeiro momento informando e formando” sobre o Real Decreto 1/2017, que facilita aos afectados polas cláusulas chan un procedemento extraxudicial para resolver e defender os seus intereses de forma sinxela, rápida e gratuíta, deixando sempre aberta a vía xudicial.

Continue reading

O PPdeG defende o desenvolvemento a nivel nacional do Plan estratéxico contra a hepatite C coordinado coas autonomías

Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe o desenvolvemento do plan estratéxico contra a hepatite C a nivel nacional, “de xeito absolutamente coordinado e non que cada autonomía faga o que lle pareza axeitado”. Neste sentido, cifrou en 4.700 as persoas tratadas en Galicia, “todos os enfermos que o precisaban, dentro da priorización prevista no plan estatal en relación co grao de fibrose e outros factores de interese”.

Continue reading