Estrasburgo, 23 de novembro de 2016. – El eurodiputado del PP y miembro de la Comisión de Asuntos Exteriores del Parlamento Europeo Francisco Millán Mon intervino en Estrasburgo durante el Pleno del Parlamento Europeo donde resaltó que “nos encontramos ante un nivel de amenazas, incluida la amenaza terrorista, sin precedentes desde hace años”.
Puy afirma que o teito de gasto para 2017 reflicte a evolución positiva da economía,afianzando o crecemento con máis gasto público e reforzando o estado do benestar
Santiago, 20 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2017 “reflicte a evolución positiva da economía galega” e permitirá “afianzar o crecemento con máis gasto público e reforzar o Estado de Benestar”. Puy saudou “a volta ao que debe ser a normalidade democrática” amosada polos grupos da oposición neste inicio de lexislatura e reiterou a predisposición ao diálogo do Grupo Popular para “tomar decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro e consolidar políticas necesarias para o país”.
O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da Lexislatura o mantemento dos empregos en Ferroatlántica
Santiago, 15 de novembro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da X lexislatura o mantemento dos empregos da empresa Ferroatlántica, así como que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia. Pedro Puy agradeceu o “acordo xeral”acadado por todos os grupos e sinalou o incremento do control ao goberno en cada Pleno, xa que os grupos de En Marea e do PSdeG terán, alternativamente, unha pregunta máis por sesión.
Feijóo presenta un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, co presente e co futuro do país
Santiago, 14 de novembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá, no acto de toma de posesión dos conselleiros do novo Executivo autonómico, un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, que pense no presente e, sobre todo, no futuro do país e guiado pola mellor tradición do galeguismo plural, aberto e integrador.
Tellado compromete a vontade de diálogo do PPdeG e lembra á oposición que as políticas do “non é non” quedaron desterradas
Santiago, 11 de novembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os populares gobernarán cun espírito de diálogo propio de quen non ten maioría absoluta, lembrando á oposición que as políticas do “non é non” xa quedaron desterradas da política nacional e galega, e tanto nas urnas como nas sondaxes.
Feijoo compromete unha maioría aberta ao acordo cun Goberno para todos e seguir avanzando na moderación e a estabilidade que os galegos decidiron
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe a confianza da Cámara comprometendo unha maioría aberta que traballará para todos e coa man tendida ao gran consenso para seguir, aseverou, o rumbo que os galegos decidiron: a estabilidade e a moderación. Feijóo iniciou así o debate propoñendo traspasar ao Parlamento a excepción do resultado electoral en Galicia, cun comportamento político que tamén sexa excepcional.
Feijóo anuncia a posta en marcha dun sistema para mellorar a atención ás paradas cardiorrespiratorias baseado nunha rede de voluntarios coordinada por unha aplicación móbil
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe un programa piloto que mellorará a atención á parada cardiorrespiratoria fóra dos centros sanitarios mediante a coordinación dunha rede de voluntarios que a través dunha aplicación móbil enviará unha notificación cando se produza un suceso deste tipo nun lugar público da súa contorna. “Os voluntarios poderán auxiliar á persoa que sufre a parada mentres non chegan os servizos sanitarios”, sinalou Feijóo.
Feijóo destaca que tres de cada catro lumes que se deron na Comunidade na última década foron provocados
Santiago, 3 de novembro de 2016.- Logo de que a Consellería do Medio Rural presentase hoxe un informe no que se avalían as causas dos incendios forestais en Galicia, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía na rolda de prensa do Consello que tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados –“é dicir, o 75% dos lumes forestais son intencionados”, aseverou- ; o 30% se iniciaron pola noite; un 8% comezou con máis dun foco de xeito simultáneo; e o 14% dos incendios concéntranse nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria, pese a supoñer só o 3,6% da superficie de Galicia.
Feijóo destaca que a Xunta destina máis de 4,2 millóns de euros a realizar melloras nas escolas infantís e nos puntos de atención á infancia autonómicos
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Goberno galego destina máis de 4,2 millóns de euros a realizar melloras e obras de adecuación nas escolas infantís e nos puntos de atención á infancia da rede autonómica.
Tellado: “A Xunta prevía que a media do paro deste ano sería dun 17,4% e imos camiño de cumprilo”
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do desemprego do mes pasado destacando que “a Xunta prevía que a media do paro deste ano sería dun 17,4% e imos camiño de cumprilo”. Deste modo, puxo en valor que a nosa comunidade se sitúe a niveis de paro inferiores aos de outubro de 2009, é dicir, hai sete anos.