Monforte de Lemos, 08 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Monforte nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Julia Barreira e Ángel Camino.
Feijóo proponse unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional
A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. Así se expresaba na Xunta Directiva do PP de A Coruña, onde tamén estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo.Durante a súa intervención, o dirixente afirmou que os populares buscan máis que os demais partidos en Galicia e mais do que calquera outra forza acadou no resto de España. “Buscamos unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo singular e continúe sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de sentido común, solidariedade, avance e interese xeral”, insistiu.
A Xunta axudará ás familias en dificultades con menores a cargo a pagar medicamentos
Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe a aprobación dunha liña de axudas para apoiar a cobertura dos medicamentos das familias con dificultades económicas e con menores de 16 anos a cargo. A dita medida permitirá desenvolver conxuntamente cos concellos un programa a través do cal se concederán axudas de ata o 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde.
O Goberno galego impulsará a dinamización do uso da lingua galega no tecido económico
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai promover o uso do galego no ámbito económico a través do primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico.
O Programa Ignicia apoia acceso ao mercado de 30 proxectos de investigadores galegos
Alberto Núñez Feijóo anunciou hoxe a posta en marcha do Programa Ignicia, unha iniciativa pioneira que estará dotada con 7 millóns de euros ata 2020, para apoiar o acceso ao mercado de 30 proxectos de investigadores galegos.
Feijóo ponse o obxectivo dunha maioría excepcional e cre que hai ilusión e motivación
Boqueixón, 3 de agosto de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares galegos póñense o obxectivo dunha maioría excepcional, posto que cre que hai ilusión e motivación para vencer. Así se expresaba o dirixente durante a Xunta Directiva do partido celebrada esta mañá en Boqueixón. Malia ser conscientes de que unha maioría estable é unha excepción en España, o presidente indicou que teñen argumentos, feitos e razóns para pedirlla aos galegos, xa que a nosa comunidade tamén foi e é unha excepción de estabilidade, responsabilidade, solidariedade, sentido común, e polo que todos xuntos fixemos.
Tellado: “Estamos preparados, a convocatoria electoral colleunos traballando”
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, compareceu hoxe en rolda de prensa para facer unha valoración da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia para o vindeiro 25 de setembro.
Feijóo detivo hoxe en Piñor e en San Cristovo de Cea o seu ‘Faladoiro’
Santiago de Compostela, 01 de agosto de 2016.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte encontros coa veciñanza dos concellos ourensáns de Piñor e San Cristovo de Cea.
Feijóo trasladou ata estes dous concellos da comarca do Carballiño o seu banco azul, o ‘Faladoiro’ dende o que está a conversar de ti a ti con ducias de galegos e galegas a través da xira ‘A Galicia que ti queres’.
Feijóo percorre a Costa da Morte para coñecer as propostas dos veciños
- Unha vez máis, un gran número de veciños achegáronse ata o banco azul para sentar co candidato do PPdeG e trasladarlle as súas inquedanzas
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2016.-O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, percorreu onte a Costa da Morte para interesarse polas necesidades dos veciños de Muxía, Vimianzo, Camariñas e Fisterra e coñecer en primeira persoa as súas propostas.
Feijóo percorreu a comarca da Limia para escoitar as suxestións dos veciños
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, compartiu onte faladoiro cos veciños de Baltar, Os Blancos e Porqueira. Polo banco de Feijóo pasaron multitude de veciños e veciñas interesados en falar cara a cara co presidente.