Santiago, 8 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a promover a elaboración dun informe anual por parte do Consello Galego de Pesca no que plasmar as inquedanzas e problemas do sector pesqueiro galego, así como tamén os obxectivos e liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, co fin de mellorar a súa competitividade e sostibilidade.
O GPP avoga por non criminalizar ao deporte galego porque son moitas as competicións que se disputan e moi poucas as condutas violentas
Santiago, 7 de marzo de 2017.- A portavoz de Deportes do Grupo Popular, Lupe Murillo, avogou hoxe no Parlamento por “non criminalizar o deporte galego”, porque “son moitas as competicións que cada semana se disputan en Galicia e moi poucas as condutas denunciadas como violentas”.
O Parlamento aproba por unanimidade a nova proposición de lei que demanda a transferencia da AP-9 a Galicia
Santiago, 7 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, a través da que se solicita a transferencia da titularidade e as competencias da AP-9 á Comunidade galega. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, afirmou que con esta nova proposición “o Goberno central terá menos argumentos para dicir que non á transferencia desta autoestrada”.
Diego Gago anuncia a súa intención de presentar a súa candidatura ao Congreso nacional de Nuevas Generaciones
Santiago, 6 de marzo de 2017.- O presidente de NNXX de Galicia, Diego Gago, anunciou hoxe a súa intención de presentar a súa candidatura ao Congreso nacional de Nuevas Generaciones que terá lugar o vindeiro mes de abril.
Puy afirma que a aprobación unánime no Parlamento galego da solicitude de traspaso da AP-9 “ten moito valor e significado político”
Santiago, 6 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que a aprobación unánime polo Pleno do Parlamento galego da proposición de lei solicitando a transferencia da AP-9 a Galicia “ten moito valor e significado político tendo en conta a composición actual do Congreso dos Deputados”.
O GPP solicita unha desculpa pública á deputada de En Marea que publicou un chío en Twitter “altamente ofensivo para todos os militantes do PP”
Santiago, 6 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, solicitou hoxe, no nome de todos os deputados e deputadas deste grupo parlamentario, unha desculpa pública á deputada de En Marea que no día de onte publicou un chío en twitter “altamente ofensivo para todos os militantes do Partido Popular”. “Confiamos que se produza esta desculpa, co fin de evitar ulteriores actuacións por parte do noso grupo parlamentario e coa que avanzaríamos bastante nas boas relacións entre os grupos no Parlamento galego”, sinalou.
O PPdeG esixe a Villares que confirme se respalda as acusacións de Santos nas que acusa ao PP de estar detrás dos asesinatos de mulleres en Galicia
Santiago, 6 de marzo de 2017-. O PPdeG solicita unha desculpa inmediata por parte do portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, pola opinión vertida onte por unha das súas deputadas, Carmen Santos, na que dicía literalmente: “reivindicamos que non nos asasinen señores do PP de Galicia”.
O Grupo Popular visita a Denominación de Orixe do Ribeiro, nomeada mellor D.O. vitivinícola de España
Santiago, 4 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, xunto co tamén deputado popular Cesar Fernandez Gil, visitaron onte o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e felicitaron a esta entidade polo seu recente nomeamento como mellor D.O. vitivinícola de España no concurso convocado pola prestixiosa páxina web verema.com.
Feijóo traslada o compromiso do PPdeG no camiño cara á igualdade, “que se pavimenta con feitos, non con palabras”
Santiago, 4 de marzo de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que “o camiño cara á igualdade paviméntase con feitos, non con palabras”. Así se expresaba na clausura do acto de homenaxe ás mulleres “O PPdeG, de igual a igual”, que se celebrou esta mañá en Compostela.
O Grupo Popular apoia que a Xunta favoreza que todos os concellos galegos posúan software libre
Santiago, 3 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que favoreza que todos os concellos de Galicia posúan software libre, ao tempo que se impulse a colaboración e a formación para potenciar a implantación do software libre nas entidades locais galega.