Feijóo apela á estabilidade como factor fundamental para impulsar o crecemento

O titular da Xunta interveu hoxe no acto inaugural do II Encontro de Directivos 100 consellos para o 2016

Feijóo apela á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico

  • Subliña que non pode existir prosperidade económica se os axentes implicados nela non confían no sistema; de igual xeito que a confianza na institucións, dixo, achega uns cimentos sólidos para que a sociedade prospere
  • Asegura que esa é a vocación coa que nace o Plan estratéxico 2015-2020, que plasma a vontade de acadar unha Galicia con máis oportunidades, máis emprego, máis produtiva e cohesionada territorialmente, e na que o benestar chegue a toda a cidadanía
  • Sinala que, de cara ao final desta década, o obxectivo é que a Comunidade creza de xeito sostido por riba do 2,5% e que se creen 100.000 empregos ata 2020
  • Subliña que “non se pode conseguir a prosperidade económica e social se as institucións traballan de xeito unilateral, se actúan en contra da vontade maioritaria da cidadanía ou se coas súas accións dividen á sociedade”. Conséguese, di, “cando existe estabilidade e certeza; cando existe un marco institucional estable e digno da confianza que reclama a cidadanía”
Santiago, 3 de febreiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo apelou hoxe á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico. Así o manifestou durante a súa intervención no acto inaugural do II Encontro de Directivos 100 consellos para o 2016.
O titular da Xunta subliñou que non pode existir prosperidade económica se os axentes implicados nela —emprendedores, consumidores e traballadores—, non confían no sistema; de igual xeito que a confianza nas institucións, dixo, achega uns cimentos sólidos para que a sociedade prospere. Segundo apuntou, a confianza ciméntase na estabilidade e, nese sentido, recoñeceu que é fundamental o labor previsible dos representantes públicos á hora de propoñerlle aos cidadáns un modelo de sociedade e un camiño a seguir para chegar a el.
Un plan sustentado na estabilidade
Feijóo asegurou que con esa vocación naceu o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, recentemente aprobado polo Goberno galego, e que recolle o traballo conxunto da Xunta e a sociedade civil para determinar as prioridades de Galicia de aquí a 2020. Segundo indicou, o texto plasma a vontade de acadar unha Galicia con máis oportunidades, máis emprego, máis produtiva e cohesionada territorialmente e na que o benestar chegue a toda a cidadanía.
Así, sinalou que, de cara ao final desta década, o obxectivo é que a Comunidade creza de xeito sostido por riba do 2,5% e que se creen 100.000 empregos ata 2020. Ao respecto mencionou os últimos datos da EPA que sinalan que no último ano en Galicia saíron do desemprego 41.100 persoas e se crearon 32.100 postos de traballo.
Na mesma liña, afirmou que apostar por un novo modelo produtivo supón duplicar o investimento en I+D e elevar ata o 40% as exportacións nos distintos sectores. E como exemplo resaltou que 2013, 2014 e 2015 foron os anos en que Galicia máis exportou.
No eido demográfico, destacou a necesidade de frear a caída de poboación e lembrou que a Xunta xa puxo en marcha o Plan de apoio á natalidade e medidas como a Tarxeta Benvida.
Ademais destes retos, de cara ao 2020, Feijóo referiuse tamén a outros obxectivos no ámbito da formación, —como continuar reducindo a taxa de abandono escolar temperá—da inclusión, do coidado do medio ambiente, da enerxía e da converxencia coa UE. “Buscamos —dixo— unha converxencia coa media da renda da UE en oito puntos e unha converxencia en cinco puntos coa media da renda de España”.
Este plan, remarcou, “traza unha folla de ruta cara á Galicia que queremos, unha folla de ruta que intenta evitar as improvisacións”. Segundo indicou é unha resposta á vontade dos cidadáns, que esperan das institucións que teñan un modelo de país, “que se consensue ao máximo posible e que haxa un goberno que non delegue as súas responsabilidades”.
Contar cun marco institucional estable
O titular da Xunta mencionou, por outra banda, os avances acadados en Galicia nestes últimos anos e citou como os logros máis importantes que a Comunidade deixou de destruír emprego; de feito, subliñou que neste mes de xaneiro os niveis de desemprego se situaron por debaixo dos de 2011. Tamén destacou que Galicia foi a única Autonomía que non acudiu nin ao FLA nin ao Fondo de provedores.
Salientou, nesta liña, que a responsabilidade e o control das contas públicas permitiu á Xunta suprimir o Imposto de sucesións e doazóns para o 99% dos galegos e reducir novamente o IRPF. E, igualmente, asegurou que se nos anos máis complicados da recesión o Goberno galego mantivo as axudas sociais, agora que empeza a haber máis marxe de manobra, está a amplialas.
Feijóo concluíu asegurando que “non se pode conseguir a prosperidade económica e social se as institucións traballan de xeito unilateral, se actúan en contra da vontade maioritaria da cidadanía ou se coas súas accións dividen a sociedade”. Conséguese “cando existe estabilidade e certeza; cando existe un marco institucional estable e digno da confianza que reclama a cidadanía”, asegurou

Feijoo felicita aos alumnos con premio extraordinario

Alberto Núñez Feijóo felicitou hoxe aos alumnos con premio extraordinario e aos mestres e todo o sistema educativo galego por acadar a menor taxa de abandono escolar.
Durante o acto de entrega de diplomas dos Premios do Concurso Hispanoamericano de Ortografía e Premios Extraordinarios de Bacharelato, Formación Profesional de Grao Superior e Ensinanzas Artísticas Profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas, Feijóo afirmou que a Galicia que queremos é a Galicia das oportunidades, “e as oportunidades –aseverou- están no coñecemento”.
Logo de felicitar aos premiados polo esforzo e a valía, o titular do Goberno galego animounos a continuar ese camiño e quixo facer extensiva esta felicitación, tamén, a todos os mestres que, xunto con todo o sistema educativo público, están a acadar resultados extraordinarios para Galicia.
Sobre este aspecto, Feijóo referiuse aos datos que acreditan unha constante diminución da taxa de abandono escolar temperá no sistema educativo galego, situándose a media do ano 2015 no 17%, case 9 puntos menos ca media de 2009. “Estamos –dixo- na taxa de abandono escolar temperá máis baixa desde que temos estatística”.
Máis polo miúdo subliñou que o dato do último trimestre de 2015 é de 15,7%, “achegándonos así ao obxectivo da Estratexia Educación e Formación 2020 da Unión Europea, do 15%”.
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención lembrando que a pesar da recesión económica durante estes anos creáronse máis de 13.000 novas prazas de Formación Profesional, un 50% máis.

O GPP pide ao Goberno un programa de mellora progresiva das estradas lucenses

Santiago, 2 de febreiro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Ángel Camino vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que se insta ao Goberno galego a poñer en marcha un programa de actuacións progresivas para a mellora das estradas lucenses.
Máis en concreto, o deputado popular empraza á Xunta a acometer as obras necesarias para o reforzo dos firmes de todas aquelas estradas pertencentes ás redes primaria e tamén secundaria de titularidade autonómica.
1.500 QUILÓMETROS DE ESTRADAS AUTONÓMICAS
Camino lembra que a Xunta de Galicia é titular de aproximadamente 1.500 quilómetros na provincia lucense desde que se completou a transferencia destes viarios en aplicación do Decreto  Decreto 3317/1982.
O deputado popular recoñece o compromiso notorio que durante estes case 35 anos fixo o Goberno galego para levar adiante melloras no firme e na capa de rodadura de moitas destas estradas, ao tempo que subliña as obras impulsadas durante este período que implicaron sensibles modificacións no trazado doutras. “Non obstante cómpre seguir traballando para estender estas melloras ao resto da rede autonómica de estradas”, sinala.
ESFORZO ORZAMENTARIO
A través desta iniciativa parlamentaria, o Grupo Popular solicita que se faga un novo esforzo orzamentario que permita atallar o deterioro destas estradas lucenses e, consecuentemente, a fortaleza, seguridade viaria e a comodidade dos usuarios. 
“Isto, aínda tendo contrastado a certeza, como xa se dixo, do esforzo feito pola administración autonómica para resolver o problema do que hoxe tratamos, e sendo para nós tamén notoria a preocupación da Axencia Galega de Infraestruturas por atender esta cuestión”, conclúe Camino.

Feijóo subliña a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade

O titular da Xunta presidiu o acto de presentación do Proxecto Mentoring. Desenvolvemento Profesional da USC

Feijóo subliña a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade para conectar o mundo académico ao mercado laboral

  • Asevera que o Proxecto Mentoring facilita identificar aos alumnos participantes “os camiños que hai a partir da finalización do grao, como se pode acceder a un mercado laboral e como se poden desenvolver os proxectos profesionais”
  • Sostén que esta iniciativa vai en liña coas medidas que se están a impulsar desde a Xunta para fomentar o emprendemento como a sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Barrié para o desenvolvemento do Fondo Autonómico de Proba de Concepto; as Unidades Mixtas; o Programa Oportunius e a Rede Galega de Mentores
Santiago, 1 de febreiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade para conectar o mundo académico ao mercado laboral.
Nesta liña e durante o acto de presentación do Proxecto Mentoring. Desenvolvemento Profesional da USC, Feijóo aseverou que esta iniciativa dá as claves para que os estudantes poidan acadar un posto de traballo ou emprender un proxecto empresarial naqueles ámbitos para os que se formaron. “O obxectivo é contribuír a mellorar a conexión entre o mundo académico e o mundo laboral. Identificar aos alumnos participantes os camiños que hai a partir da finalización do grao, como se pode acceder a un mercado laboral e como se poden desenvolver os proxectos profesionais”, precisou, ao que engadiu que se trata dunha iniciativa universitaria innovadora na que participan 79 mentores.
Así mesmo, o titular do Goberno galego afirmou que no Mentoring se dá unha alianza entre a experiencia e o talento, “entre o coñecemento e o talento”. “Trátase dunha ferramenta de orientación laboral que hai que saudar”, dixo, logo de precisar que se trata dunha iniciativa que está dentro da órbita do Plan Boloña, “porque busca reforzar a formación permanente, os índices de empregabilidade e situar o alumno como centro do sistema”.
Acorde coa Universidade do século XXI
Durante a súa intervención, Feijóo afirmou tamén que este proxecto é acorde coa Universidade do século XXI “e co compromiso que temos todos de ser útiles no funcionamento dos servizos públicos, sendo a universidade a cima do servizo público educativo”.
Por outra banda, o presidente da Xunta destacou que este programa vai en liña, ademais, coas medidas que se están a impulsar desde o Goberno galego para fomentar o emprendemento. E, neste sentido, lembrou a sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Barrié para o desenvolvemento do Fondo Autonómico de Proba de Concepto; os 22 millóns de euros que a Xunta puxo á disposición das Unidades Mixtas; o Programa Oportunius e a Rede Galega de Mentores, “na que están inscritos 150 empresarios experimentados e que están traballando co Goberno galego”.

Puy reitera a vontade do PPdeG para modificar a Lei do Solo co consenso de AGE

O portavoz popular avanza que, “no caso de que non varíe a súa postura, a Xunta e o Grupo Popular levarán adiante unha modificación puntual da Lei que estaría aprobada a finais de febreiro ou principios de marzo” 
PUY REITERA QUE “INTENTAREMOS ATA O ÚLTIMO MOMENTO” QUE AGE RECONSIDERE A SÚA POSTURA E LEVANTE O BLOQUEO Á MODIFICACIÓN DO ARTIGO 144 DA LEI DO SOLO
Lanza unha mensaxe de tranquilidade sobre o mantemento do emprego e a continuidade da factoría de PSA en Vigo ante as declaracións realizadas esta mañá polo director da planta demandando unha solución á situación urbanística
Na sesión plenaria tamén se procederá ao debate de totalidade do proxecto de Lei do patrimonio cultural
Santiago, 1 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, reiterou hoxe que “intentaremos ata o último momento” do Pleno da vindeira semana que AGE reconsidere a súa postura e levante o bloqueo á modificación do artigo 144 do proxecto de Lei do Solo, que habilitaría a realización de proxectos de urxencia ou excepcional interese público nos concellos galegos e permitiría de forma inmediata dar saída ao problema que sofre Vigo logo da suspensión do Plan Xeral desa cidade. Porén, Puy avanzou que, no caso de que AGE non varíe a súa postura, a Xunta e o Grupo Popular levarán adiante unha modificación puntual da Lei do Solo nese aspecto concreto para solucionar o problema, que podería aprobarse a finais de febreiro ou principios de marzo.
Pedro Puy cualificou a nova Lei do Solo como “unha das relevantes do conxunto da lexislatura” e que facilitará unha ordenación racional do territorio, o desenvolvemento sustentable do rural e a protección da paisaxe. Na súa intervención, destacou que ao longo da ponencia incorporáronse 79 emendas ao texto, das cales 45 foron a iniciativa da oposición. 
Porén, lamentou que “non se puido incorporar a emenda que modifica o artigo 144 para habilitar a realización de proxectos de urxencia ou excepcional interese público nos concellos galegos que permitiría de forma inmediata dar saída ao problema de Vigo logo da suspensión do Plan Xeral desa cidade”.  “Ímolo intentar ata o último momento antes de que aprobe esta lei na sesión plenaria”, subliñou Puy, quen criticou a AGE porque “non quere corrixir este problema de maneira inmediata”. 
SOLUCIÓN A PROBLEMA GRAVE
O portavoz popular lembrou as declaracións realizadas esta mañá polo director da fábrica de PSA de Vigo nas que afirma que se non se resolve a situación urbanística xeraría un problema grave para a ampliación da fábrica. “A solución se pide para antes do verán e estou en disposición de garantir que a solución para manter os postos de traballo e a continuidade da factoría de PSA en Vigo podería aprobarse antes do remate do mes de febreiro ou principios de marzo”, indicou.
“A solución proposta polo Goberno galego e o Partido Popular, aceptada por todos os grupos parlamentarios menos AGE, en ningún caso supón que exista unha barra libre urbanística e ofrece todas as garantías posibles”, xa que “as modificacións deberán realizarse co común acordo de todas as administracións competentes, de xeito que os propios concellos poden rexeitar a modificación urbanística”, explicou Pedro Puy.
Finalmente, o portavoz popular felicitouse porque “haxa unha norma urbanística axeitada para os nosos tempos, que vai permitir o gran obxectivo de que todos os concellos de Galicia teñan nesta década normas urbanísticas perdurables no tempo”. Así, dixo que neste momento 57 concellos carecen de normas urbanísticas e 173 non teñen adaptado o seu PXOM á nova normativa.
A LEI DO PATRIMONIO UNIFICA TRES TEXTOS
En segundo lugar, na sesión plenaria procederase ao debate de totalidade do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, un texto que substitúe e unifica as regulacións de tres leis: a do Patrimonio cultural de 1995, a de Protección dos Camiños de Santiago de 1996; e a de Traballos de dotación artística nas obras públicas e nos Camiños de Santiago de 1991.
Puy sinalou que este proxecto de lei chega ao Parlamento logo de recibir achegas de máis de 60 entidades, entre as que figuran as tres universidades galegas, a Academia de Belas Artes, o Colexio de Arquitectos e a fiscalía especializada en delitos contra o patrimonio, así como o ditame do Consello da Cultura Galega.
Así mesmo, indicou que a nova lei persegue catro obxectivos fundamentais: incrementar a colaboración de todas as Administracións, especialmente dos concellos; regular novos patrimonios, como o inmaterial, o subacuático, o industrial e o científico; implantar un réxime sancionador máis estrito; e simplificar a lexislación e a xestión administrativa do patrimonio cultural.
O portavoz popular salientou que “un dos aspectos máis salientables do proxecto de Lei é a creación dun novo Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, que reducirá a dúas as categorías de bens de patrimonio: Bens de Interese Cultural (BIC) e bens clasificados (na que se integra a categoría de bens inventariados”.

Parlamento aproba a iniciativa do PPdeG impulsar e incentivar certificación forestal

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR E INCENTIVAR A CERTIFICACIÓN FORESTAL

·    O acordo pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública, dependentes da administración local ou autonómica

·    O portavoz de Forestal agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa “que aposta por montes máis sostibles e con maior valor”, e lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo”

Santiago, 15 de xaneiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, cos votos favorables de PP, PSOE e BNG, a iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia á posta en marcha de axudas e outros incentivos para os propietarios dos montes que queiran acollerse aos distintos sistemas de certificación forestal que existen.

O acordo parlamentario proposto polos populares pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública dependentes das administracións locais, mediante a posta en marcha de liñas específicas da axudas e para aqueles que dependen da Xunta de Galicia.

MÚLTIPLES VANTAXES

O portavoz de Forestal do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lembrou as múltiples vantaxes da certificación forestal, entre elas que a madeira certificada pode chegar a venderse cun prezo ata un 20 por cento superior daquela que non dispón deste selo de calidade. Ademais, a certificación pode trasladarse tamén a todos os derivados da madeira, tales como pasta, papel, mobles embalaxes, para que estes tamén poidan beneficiarse das súas vantaxes.

Balseiro asegurou que xeneralizar a certificación forestal mediante estes incentivos serviría para mellorar a competitividade do sector forestal e o acceso aos mercados internacionais da madeira, ademais de apostar por modelos que garanten prácticas máis respectuosas co medio ambiente e que ofrecen montes máis produtivos e sostibles.

AGRADECEMENTO A PSOE E BNG, E CRÍTICAS A AGE

O deputado popular agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa e a “ súa sensibilidade” por unha proposta que “aposta por montes máis sostibles e con maior valor”.  Neste sentido, lembrou que, “aínda que nunha primeira fase os máis beneficiados por estas medidas de impulso serían os propietarios forestais, os beneficios da certificación dos montes tamén repercutirían en empresas como serradoiros, industrias gráficas ou almacenistas, entre outras, que participan na cadea de valor da madeira”.

Así mesmo, Balseiro lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo” e acusounos de “descoñecer a realidade forestal galega e ser un obstáculo para todas a iniciativas que buscan mellorar a situación do noso rural”.

A Xunta dá visto bo ao proxecto de Decreto que regulará o Censo de Vivendas Baleiras

A Xunta dá o visto e prace ao proxecto de Decreto que regulará o Censo de Vivendas Baleiras e que permitirá ao Goberno galego unha mellor planificación social da política de vivenda
  • Trátase dun Decreto que obrigará a inscribir no Censo todas as vivendas baleiras que se atopen en concellos de máis de 10.000 habitantes e sexan propiedade de entidades de crédito ou similares
  • Lembra que esta actuación está integrada no decálogo de medidas que se puxeron en marcha, en materia de vivenda, para garantir o acceso de todos os cidadáns a un teito
  • Indica que o obxectivo deste regulamento é dobre, pretende facilitar a incorporación ao mercado dos inmobles baleiros das entidades financeiras e promover a súa participación nas políticas sociais de vivenda 
Santiago, 14 de xaneiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo deu conta hoxe do visto e prace por parte do Consello da Xunta ao texto do Decreto que crea e regula o Censo de Vivendas Baleiras. Texto que segundo informou, será trasladado agora aos axentes sociais e económicos para que formulen posibles alegacións e que posteriormente será remitido ao Consello Consultivo.
Trátase dun Decreto que obrigará a inscribir no Censo todas as vivendas baleiras que se atopen en concellos de máis de 10.000 habitantes e sexan propiedade de entidades de crédito ou similares. E permitirá inscribir de forma voluntaria as vivendas que estean en concellos de menos de 10.000 habitantes e as do resto de propietarios de vivendas baleiras.
Nese senso, Feijóo explicou que coa creación deste Censo, o Goberno galego poderá dispoñer de información adecuada sobre o parque de vivendas baleiras de Galicia para realizar unha mellor planificación social da política de vivenda. Tamén indicou que o incumprimento da obriga de inscrición suporá unha sanción de ata 3.000 euros por inmoble.
Segundo o presidente da Xunta, o obxectivo deste regulamento é dobre, xa que por unha banda, pretende facilitar a incorporación ao mercado dos inmobles baleiros das entidades financeiras, e por outra, trata de promover a súa participación nas políticas sociais de vivenda.
Ademais, o mandatario galego lembrou que esta actuación está integrada no decálogo de medidas que se puxeron en marcha, en materia de vivenda, para garantir o acceso de todos os cidadáns a un teito, axudar aos que máis o precisan e acabar cos desafiuzamentos. Entre as que se atopan: o programa de realoxo, o programa Reconduce, o plan RehaVita ou o Bono aluguer social.
Por último—informou Feijóo—o Decreto tamén establece diversas medidas para fomentar o uso das vivendas baleiras, como a inclusión das vivendas nos programas de fomento de aluguer, a posibilidade de concertar arrendamentos ou mesmo compras, a oferta desde a Xunta para a vivenda ou a posibilidade de lograr acordos cos propietarios para que as vivendas atendan as persoas afectadas por desafiuzamentos.