O presidente do PPdeG asegurou, nun mitin celebrado no Pazo do Monte de Ferrol, que os galegos teñen na súa man evitar catro anos máis de sanchismo derrogándoo ao grande: contribuíndo desde Galicia a unha maioría contundente que permita a Alberto Núñez Feijóo formar un goberno cohesionado, estable e sen ataduras.
Alfonso Rueda pide aos galegos que acudan ás urnas coa ilusión e a convicción de que nada é imposible e de que Galicia votará por unha maioría ampla para Alberto Núñez Feijóo
A unha semana das eleccións, Alfonso Rueda pediu, nun mitin en Sanxenxo, aos galegos que acudan as urnas coa ilusión e a convicción de que nada é imposible e de que Galicia votará por unha maioría ampla para Alberto Núñez Feijóo o próximo domingo.
Alfonso Rueda pide concentrar o apoio no PP para que Feijóo poida gobernar en serio, sen hipotecas nin ataduras: “Por moi poucos votos pódense decidir moitas cousas”
O presidente do PPdeG pediu un esforzo ante a “ocasión de ouro” que se presenta este 23 de xullo: “Feijóo merece a nosa confianza e que vaiamos todos a unha coa forza dos votos que vai ter en Lalín e en toda Galicia”.
Paula Prado esixe a Pontón a dimisión da edil do BNG da Estrada e critica “o feminismo de pancarta pero non en defensa das mulleres”
A secretaria xeral do PPdeG esixiu a dimisión da concelleira do BNG da Estrada, Vanesa Iglesias Casal, polas súas palabras de onte en referencia á dolorosa perda do fillo que esperaba Isabel Díaz Ayudo: “Se Ana Pontón non pide a dimisión desa concelleira, entón é cómplice desas palabras”.
Alfonso Rueda pide un resultado histórico para Feijóo desde Galicia para facer fronte ás mentiras de Sánchez como o pago das autovías
O presidente do PPdeG puxo como exemplo a vitoria de Daniel Vega en Ribadeo nas eleccións municipais de cara aos días que restan de campaña: “Foi unha maioría traballada despois de moito tempo atendendo as demandas dos veciños e buscándolles solucións”.
Alfonso Rueda asegura que só o PP é garantía de voto útil para conseguir o cambio necesario, ansiado e ilusionante que España precisa e os galegos merecen
O presidente do PPdeG fixo un chamamento hoxe, nun mitin en Vilagarcía de Arousa,á participación masiva nestas eleccións asegurando que o único voto útil é o voto a Alberto Núñez Feijóo e á súa garantía dun Goberno por e para todos, estable, con sentidiño e á galega.
Alfonso Rueda amósase convencido de que Feijóo será unha “baza fundamental” no desenvolvemento do “turismo con sentidiño” que caracteriza a Galicia
O presidente do PPdeG puxo en valor hoxe, en declaracións aos medios despois de realizar a pé un tramo do Camiño de Santiago en Fisterra, a enorme sorte de Galicia ao ser “o final de todos os camiños” e prognosticou un ano turístico “espectacular” aínda mellor que o anterior: “Así queremos seguir, apostando polo turismo con sentidiño”.
O PP denuncia o aumento da criminalidade e da okupación en Galicia durante o Goberno de Sánchez e fai un chamamento ao “voto seguro” en torno a Alberto Núñez Feijóo
Paula Prado apela a non caer no conformismo nin en dar todo por gañado logo da “sensación de vitoria” que xerou o cara a cara entre Feijóo e Sánchez este luns: “Nada está feito e as urnas están aínda baleiras, por iso o 23 de xullo hai que enchelas de papeletas do PP”.
Alfonso Rueda avoga pola política á galega de Alberto Núñez Feijóo para acabar co ninguneo do sanchismo a Galicia
O presidente do PPdeG asegurou hoxe,nun mitin en Poio, que o tempo do populismo en España está esgotado e que é o momento da solvencia e da seriedade do proxecto que encarna Alberto Núñez Feijóo e que durante anos demostrou en Galicia.
O Parlamento galego pide ao Goberno central analizar a situación dos mutualistas alternativos para promover unhas xubilacións dignas
12 de xullo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio nin de BNG nin de PSdeG, a través da que se pide ao Goberno de España que, en diálogo e coa participación dos colexios profesionais da avogacía e da procuradoría, impulse a aprobación dunha nova Lei de Dereito de Defensa que inclúa a extensión da regulación da quenda de oficio e da asistencia xurídica gratuíta para contemplar expresamente este dereito ás persoas xurídicas, que a intervención dos profesionais designados de oficio sexa indemnizada sempre que realicen algunha actuación e facilite a conciliación de vida laboral e familiar destes profesionais.