Feijóo di que a Xunta mobiliza cos Jeremie 25M€ en 45 proxectos de pemes galegas
A oferta pública de emprego da Xunta para 2016 suma preto de 2.400 prazas
Pilar Rojo, elegida presidenta de la Comisión de Peticiones del Congreso
03. feb. 2016.- La ex presidenta del Parlamento Gallego y diputada por Pontevedra, Pilar Rojo, ha sido nombrada esta mañana presidenta de la Comisión de Peticiones del Congreso de los Diputados.
La Comisión de Peticiones, que se ha constituido oficialmente, es la encargada de gestionar el derecho de petición de los españoles ante las Cámaras, un derecho fundamental en España que se puede ejercer de forma individual o colectiva y que está recogido en el artículo 29 de la Constitución, desarrollado en la Ley Orgánica 4/2001 y regulado en el Congreso en el artículo 49 del reglamento.
Pilar Rojo cuenta con experiencia en este ámbito, ya que durante su etapa al frente del Parlamento Gallego ella presidió la Comisión de Peticiones de O Hórreo.
Junto a Pilar Rojo, integrarán la Comisión de Peticiones de la Cámara Baja siete diputados más: Guadalupe Martín, del PSOE, que ocupará la vicepresidencia; Isabel Franco, de Podemos, que será la secretaria, así como Iñigo Barandiaran (PNV), Frances Xavier Eritja, de ERC, Pedro Gómez de la Serna, del Grupo Mixto, Rodrigo Gómez, de Ciudadanos y Elena Ribera i Garijo, de Democracia y Libertad, que actuarán todos ellos como vocales.
El también diputado gallego Jaime de Olano ha sido reelegido esta tarde portavoz del Grupo Parlamentario Popular en la Comisión de Presupuestos del Congreso, que también se ha constituido oficialmente hoy.
Jaime de Olano, que se incorporó a las filas del Grupo Parlamentario Popular ya en la pasada Legislatura, es concejal en Viveiro y ocupaba el cargo de portavoz de Presupuestos para el que acaba de ser reelegido desde el 2 de febrero del 2015.
En la Comisión de Presupuestos estarán presentes también la propia Pilar Rojo y la también diputada gallega Irene Garrido, que serán vocales.
Con estos nombramientos, los diputados gallegos del PP arrancan oficialmente el curso de esta XI Legislatura en las Cortes, a la espera de que en las próximas semanas se continúen constituyendo Comisiones parlamentarias de la Cámara Baja.
Feijóo apela á estabilidade como factor fundamental para impulsar o crecemento
O titular da Xunta interveu hoxe no acto inaugural do II Encontro de Directivos 100 consellos para o 2016
Feijóo apela á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico
- Subliña que non pode existir prosperidade económica se os axentes implicados nela non confían no sistema; de igual xeito que a confianza na institucións, dixo, achega uns cimentos sólidos para que a sociedade prospere
- Asegura que esa é a vocación coa que nace o Plan estratéxico 2015-2020, que plasma a vontade de acadar unha Galicia con máis oportunidades, máis emprego, máis produtiva e cohesionada territorialmente, e na que o benestar chegue a toda a cidadanía
- Sinala que, de cara ao final desta década, o obxectivo é que a Comunidade creza de xeito sostido por riba do 2,5% e que se creen 100.000 empregos ata 2020
- Subliña que “non se pode conseguir a prosperidade económica e social se as institucións traballan de xeito unilateral, se actúan en contra da vontade maioritaria da cidadanía ou se coas súas accións dividen á sociedade”. Conséguese, di, “cando existe estabilidade e certeza; cando existe un marco institucional estable e digno da confianza que reclama a cidadanía”
Feijoo felicita aos alumnos con premio extraordinario
O GPP pide ao Goberno un programa de mellora progresiva das estradas lucenses
Feijóo subliña a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade
O titular da Xunta presidiu o acto de presentación do Proxecto Mentoring. Desenvolvemento Profesional da USC
Feijóo subliña a importancia de impulsar o emprendemento desde a universidade para conectar o mundo académico ao mercado laboral
- Asevera que o Proxecto Mentoring facilita identificar aos alumnos participantes “os camiños que hai a partir da finalización do grao, como se pode acceder a un mercado laboral e como se poden desenvolver os proxectos profesionais”
- Sostén que esta iniciativa vai en liña coas medidas que se están a impulsar desde a Xunta para fomentar o emprendemento como a sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Barrié para o desenvolvemento do Fondo Autonómico de Proba de Concepto; as Unidades Mixtas; o Programa Oportunius e a Rede Galega de Mentores
Puy reitera a vontade do PPdeG para modificar a Lei do Solo co consenso de AGE
Parlamento aproba a iniciativa do PPdeG impulsar e incentivar certificación forestal
O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR E INCENTIVAR A CERTIFICACIÓN FORESTAL
· O acordo pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública, dependentes da administración local ou autonómica
· O portavoz de Forestal agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa “que aposta por montes máis sostibles e con maior valor”, e lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo”
Santiago, 15 de xaneiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe, cos votos favorables de PP, PSOE e BNG, a iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia á posta en marcha de axudas e outros incentivos para os propietarios dos montes que queiran acollerse aos distintos sistemas de certificación forestal que existen.
O acordo parlamentario proposto polos populares pide tamén impulsar a obtención de certificacións forestais para os montes de titularidade pública dependentes das administracións locais, mediante a posta en marcha de liñas específicas da axudas e para aqueles que dependen da Xunta de Galicia.
MÚLTIPLES VANTAXES
O portavoz de Forestal do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, lembrou as múltiples vantaxes da certificación forestal, entre elas que a madeira certificada pode chegar a venderse cun prezo ata un 20 por cento superior daquela que non dispón deste selo de calidade. Ademais, a certificación pode trasladarse tamén a todos os derivados da madeira, tales como pasta, papel, mobles embalaxes, para que estes tamén poidan beneficiarse das súas vantaxes.
Balseiro asegurou que xeneralizar a certificación forestal mediante estes incentivos serviría para mellorar a competitividade do sector forestal e o acceso aos mercados internacionais da madeira, ademais de apostar por modelos que garanten prácticas máis respectuosas co medio ambiente e que ofrecen montes máis produtivos e sostibles.
AGRADECEMENTO A PSOE E BNG, E CRÍTICAS A AGE
O deputado popular agradeceu o apoio do PSOE á súa iniciativa e a “ súa sensibilidade” por unha proposta que “aposta por montes máis sostibles e con maior valor”. Neste sentido, lembrou que, “aínda que nunha primeira fase os máis beneficiados por estas medidas de impulso serían os propietarios forestais, os beneficios da certificación dos montes tamén repercutirían en empresas como serradoiros, industrias gráficas ou almacenistas, entre outras, que participan na cadea de valor da madeira”.
Así mesmo, Balseiro lamentou que “o grupo mermado de AGE e o BNG non quixeran sumarse ao acordo” e acusounos de “descoñecer a realidade forestal galega e ser un obstáculo para todas a iniciativas que buscan mellorar a situación do noso rural”.