O Grupo Popular afirma que a Xunta traballa no Estatuto da muller rural e do mar, que se integrará na nova Lei de igualdade de Galicia

21 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “a Xunta traballa na actualidade no desenvolvemento do Estatuto da muller rural e do mar en Galicia, que será integrado na nova Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia para darlle ese rango de norma superior e un maior amparo legal ao colectivo”.

Continue reading

O Parlamento galego pide á Xunta impulsar todas as accións precisas para retomar a actividade e o emprego do grupo de empresas Ganomagoga

21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a impulsar todas cantas actuacións sexan precisas para retomar a actividade e o emprego do Grupo de empresas Ganomagoga, a comezar, de xeito urxente, por reunirse con todas as partes afectadas, nomeadamente coa representación do seu cadro de persoal, e por solicitar formalmente a incorporación da Xunta de Galicia á mesa ou mesas de negociación dos EREs anunciados.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese ao apoio de todo o sector

21 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central unha alternativa ao PERTE do téxtil que aparcou sen explicacións e pese á vontade de todo o sector, capaz de garantir investimentos estratéxicos tanto para a industria de Galicia como para o conxunto da economía galega.

Continue reading

O PPdeG pide no Parlamento a convocatoria urxente dunha xuntanza entre o comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León

19 de marzo de 2023. O Grupo Popular demandará no Parlamento galego que o Goberno de España convoque de maneira urxente unha xuntanza co comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León para tratar as necesidades específicas nesta infraestrutura ferroviaria, que se deben traducir en 8.000 millóns de euros máis no Plan Director. Así mesmo, pídese igualdade de oportunidades, investimentos e de avances entre o Corredor Atlántico e o Corredor do Mediterráneo.

Continue reading

O Grupo Popular salienta o incremento dun 41 por cento dos viaxeiros rexistrado desde a inauguración da nova estación intermodal de Vigo

17 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro salientou hoxe no Parlamento galego “o considerable incremento do número de viaxeiros rexistrados na nova estación intermodal de Vigo desde a súa apertura no mes de decembro”. En concreto, dixo que no mes de febreiro contabilizáronse 12.972 viaxeiros, o que supón un 41 por cento máis que no mesmo mes de 2022.

Continue reading

O Grupo Popular pide ao Concello de Neda que se decante por algunha das alternativas propostas pola Xunta para eliminar os vertidos do río Xubia

17 de marzo de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Neda “valore e se decante por algunha das alternativas propostas que no mes de decembro lle fixo a Xunta de Galicia para eliminar os vertidos á ribeira do río Xubia, que son os que están a xerar o maior problema ambiental na ría de Ferrol”.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva das comunidades nas decisións sobre a industria

15 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas na estrutura de gobernanza do ecosistema industrial español, ao tempo que xestione fondos Next Generation para a industria que eviten poñer en risco os principais proxectos tractores desenvolvidos desde Galicia, nun marco que favoreza a complementariedade das accións públicas e privadas.

Continue reading