Rafa Domínguez avanza ao empresariado pontevedrés as ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”

6 de febreiro de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou hoxe ante o empresariado pontevedrés e acompañado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, as propostas e ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”.

Continue reading

O PPdeG lamenta o uso partidista que fan PSOE e BNG da sanidade: “Prefiren que non se solucionen os problemas para que non se lle caia o seu discurso electoral”

4 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia lamenta o uso partidista que fan o PSOE e o BNG do problema de falta de médicos que afecta a toda España e recrimínalles a súa constante oposición ás medidas adoptadas polo Goberno galego para ofrecer solucións dentro das súas competencias: “Prefiren votar en contra de calquera solución e non reclamar ao Goberno central que nos permita formar máis médicos para que non se lle caia o seu discurso electoral na campaña”.

Continue reading

Paula Prado lamenta que o PSdeG estea sumido “nunha crise tras outra”: “O Síndrome de Sánchez esténdese por Galicia”

3 de febreiro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia afirmou hoxe en rolda de prensa que o PSdeG está sufrindo o Síndrome de Sánchez: “Un síndrome que se infiltra polos territorios e provoca que a marca PSOE sexa unha marca da que todos escapar, que ninguén queira asumir o liderado da delegación sanchista de Galicia e que tamén fai que as discrepancias internas sexan habituais no día a día”.

Continue reading

O PPdeG levará ao Congreso a proposición non de lei para que se habilite un rexistro no que obter as posicións bancarias das persoas falecidas

1 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia levará ao Congreso a proposición non de lei, xa aprobada por unanimidade no Parlamento galego, a través da que se solicita ao Goberno de España que habilite un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que esixa a lexislación vixente, en especial en materia de protección de datos.

Continue reading