O PPdeG levará ao Parlamento a petición de que Sánchez cese á secretaria de Estado de Igualdade: “Reducir penas e liberar agresores sexuais non é un chiste”

13 de xaneiro de 2023. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia anunciou hoxe en rolda de prensa que a súa formación levará ao Parlamento galego unha petición para que Pedro Sánchez cese á ministra e á secretaria de Estado de Igualdade e modifique “canto antes” a Lei do ‘só si é si’. “Debemos dicir ‘basta xa’ e deixar de branquear as decisións dun Goberno que hai moito tempo que perdeu o rumbo da igualdade real e da loita contra a violencia de xénero”, afirmou ao respecto.

Continue reading

O PP acusa a Sánchez de poñer palos nas rodas ao sector gandeiro e considera “incomprensible” que a baixada do IVE non se aplique á carne

11 de xaneiro de 2023. Durante a visita realizada a unha explotación gandeira xunto á portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, gandeiros e representantes do PP na provincia, o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do Partido Popular alertou da difícil situación do sector gandeiro polo prezo dos fertilizantes, os pensos, o combustible e a desprotección dos gandeiros ante o lobo. Lembrando que se Pedro Sánchez quere que o PP apoie o decreto anticrise do Goberno debe aplicar a baixada do IVE á carne, o peixe e as conservas porque “para as familias chegar a fin de mes é un auténtico suplicio”.

Continue reading

Inclusión dos produtos do mar na rebaixa do IVE como alimento básico e de primeira necesidade

Solicitude ao  Goberno de España para que rectifique a decisión de excluír ao produtos do mar da rebaixa do IVE, de tal xeito que se lles aplique o mesmo tratamento fiscal que a outros alimentos básicos e de primeira necesidade, como medida de apoio para as familias con rendas baixas ou en situación de vulnerabilidade, para fomentar o consumo saudable e como iniciativa de apoio tamén a conxunto do sector pesqueiro e marisqueiro.

Continue reading

O PPdeG denuncia o “agravio económico” que supón para Galicia a negativa do Goberno a facilitar fondos europeos á industria téxtil

7 de xaneiro de 2023. O Partido Popular de Galicia cualifica de “novo agravio económico de Pedro Sánchez á Comunidade” a negativa do Goberno central a crear un Perte específico para a industria téxtil e denuncia que o único que se ofreza a cambio sexan “máis palabras bonitas que realidades das que poida dispoñer a industria galega para afrontar os grandes desafíos que ten por diante”.

Continue reading

Marta González: “O 2023 será a última oportunidade de Pedro Sánchez para cumprir con Galicia despois de catro anos sen facelo”

4 de xaneiro de 2023. Marta González, deputada galega do Partido Popular no Congreso, asegura que “o 2023 será a última oportunidade de Pedro Sánchez para cumprir con Galicia despois de catro anos sen facelo” e por iso reclama ao presidente do Goberno de España que faga “propósito de autoemenda” e cumpra os “compromisos adquiridos e reiteradamente esquecidos” coa nosa Comunidade.

Continue reading