O Parlamento galego demanda estender a máis patoloxías o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias

10 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a reformar o Decreto 105/2017, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, co obxecto de incrementar o número de patoloxías cubertas por esta norma. “Máis de 217.000 persoas se beneficiaron nestes anos da aplicación deste decreto e só unha rematou sendo derivada á sanidade privada”, concretou a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo.

Continue reading

O Parlamento galego pide a Xunta e Goberno central que faciliten a tramitación dos parques eólicos necesarios para a planta de Alcoa

9 de novembro de 2022. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, transaccionada entre o Grupo Popular e o PSdeG, pero que non contou co apoio do BNG, a través da que se insta á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a facilitar a tramitación dos parques eólicos que sexan necesarios e cumpran a normativa para que o prezo da enerxía sexa competitivo para a planta de Alcoa en San Cibrao.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que avance na modernización dos treitos ferroviarios entre Vigo e Porto

9 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que avance, de xeito inequívoco, na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-fronteira portuguesa, tanto no ámbito administrativo como orzamentario, empezando por incluír partidas con esta fin nas contas de 2023, que permita acompasar os tempos á planificación prevista polo Goberno de Portugal e que fixa en 2030 a chegada do AVE a Valença.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Goberno central que amplíe os prazos para desenvolver proxectos eólicos viables

9 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España que amplíe os prazos sinalados no Real Decreto-Lei 23/2020 para facilitar o desenvolvemento dos proxectos eólicos viables que proporcionen oportunidades para mellorar a calidade de vida dos galegos e a competitividade da industria galega.

Continue reading

O Grupo Popular lembra que a renovación dos concertos educativos terá lugar ao remate do presente curso 2022-23

8 de novembro de 2022. A deputada do Grupo Popular Carmen Pomar lembrou hoxe no Parlamento galego que o período de vixencia dos actuais concertos educativos en Galicia remata co presente curso 2022-23 “e será nese momento cando corresponda a renovación do novo período de concertos, cumprindo coa normativa vixente, respectando os prazos e estando atentos á xurisprudencia”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda á oposición “sentidiño e diálogo” para aprobar unha Lei de estabilización do emprego público “útil, garantista e alonxada de polémicas innecesarias”

8 de novembro de 2022. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento galego, no debate de totalidade do proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade galega, que “se o sentidiño e o diálogo fixeron que este texto chegase á Cámara nun clima xeral de consenso e paz social, deberíamos aplicar as mesmas ferramentas para completar os trámites parlamentarios e aprobar definitivamente unha lei útil, garantista e alonxada de polémicas innecesarias”.

Continue reading

O Grupo Popular tende a man a BNG e PSdeG para sacar adiante a nova Lei reguladora dos xogos de Galicia por consenso

8 de novembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, tendeu hoxe a man aos grupos da oposición “para sacar adiante unha nova Lei reguladora dos xogos en Galicia por consenso, chegando a acordos nesta materia tan sensible e deixando a un lado as críticas demagóxicas e baleiras, que nada contribúen a axudar a quen realmente o merece: as persoas máis vulnerables, os menores e as persoas con adicións”.

Continue reading