O Parlamento insta aos concellos con policías locais ou vixiantes municipais a darse de alta na nova aplicación do rexistro destes corpos de seguridade

Santiago, 20 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a todos os concellos de Galicia con corpos de Policía Local ou vixiantes municipais a que se dean de alta na nova aplicación do Rexistro de Policías Locais de Galicia (REPOLGA) e, deste xeito, mellorar a coordinación destes corpos de seguridade.

Continue reading

Puy afirma que os orzamentos da Xunta para 2023 permitirán recuperar o PIB da prepandemia e continuar coa converxencia con España

Santiago, 20 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe os orzamentos da Xunta para 2023 como “axeitados á situación económica e social actual” e cun “plantexamento correcto, avalado pola AIReF, que permitirán recuperar o PIB galego da prepandemia antes que a media das comunidades autónomas, continuar coa converxencia económica con España e reducir o paso ao 10 por cento”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda información e que se convoque de inmediato a mesa de seguimento sobre o colapso do viaduto da A-6

Santiago, 18 de outubro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que ofreza á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia, toda a información dispoñible polo Ministerio de Transportes sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto do Castro na A-6, ao tempo que activa de inmediato a mesa de seguimento, comprometida polo presidente do Goberno de España na súa xuntanza co presidente da Xunta, sobre as medidas que se veñen adoptando en relación coa autovía A-6.

Continue reading

O Grupo Popular insiste que o Consello de Contas certifica que a Xunta gastou 93 millóns máis do que recibiu dos fondos do Estado para a Covid-19

Santiago, 18 de outubro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Rey incidiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que, segundo o testemuña o Consello de Contas, que “o total de gasto executado durante o 2020 para a loita contra a Covid-19 foi de 611 millóns de euros, por enriba dos 517 millóns de euros recibidos pola Xunta procedentes do Fondo Extraordinario Covid-19 do Goberno central”.

Continue reading