Os populares galegos estarán representados esta fin de semana en Toledo por unha delegación de máis de medio cento de persoas encabezada polo presidente Alfonso Rueda, que exporá o proxecto “estable, unido, próximo e solvente” da Comunidade
O PPdeG pide a Formoso que aproveite a súa viaxe a Estrasburgo para reunirse cos ecoloxistas radicais do PSOE en Europa e intentar que rectifiquen os seus erros
Os populares alertan dun preocupante ascenso en Bruxelas das forzas políticas cunha visión ecoloxista extrema en detrimento dos intereses do noso sector pesqueiro, afeando as divisións no seo do Grupo Socialista e o silencio cómplice do BNG
Alfonso Rueda: “Queremos seguir sendo o goberno estable, unido, próximo e solvente que os galegos recoñecen”
O presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, subliñou hoxe que, coas circunstancias económicas actuais, a xente demanda responsables políticos “que saiban afrontar as situacións, analizalas, propoñer solucións e aplicalas”. “Queremos seguir sendo o goberno estable, unido, próximo e solvente que os galegos recoñecen”, dixo.
Rueda reivindica o futuro do rural galego e ao PPdeG como o seu partido: “Volveremos selo tamén nas vindeiras municipais”
O presidente dos populares galegos clausurou o acto Obxectivo Rural que se celebrou durante toda a mañá en Santa Comba
O PPdeG lamenta o “0% no grao de cumprimento” do Goberno central coa Comunidade: “Sánchez suspende en todos os compromisos que tiña asumidos con Galicia”
Paula Prado participou nun almorzo de traballo en Santiago con deputados nacionais e senadores do partido
O Grupo Popular salienta que a Xunta prevea alcanzar o 2% do gasto en I+D no novo Plan Estratéxico 2022-2030
Santiago, 7 de setembro de 2022.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe no Parlamento galego que a Xunta prevé no novo Plan Estratéxico alcanzar o 2 por cento do gasto en I+D sobre o PIB de Galicia en 2030. Neste sentido, afirmou que “non serve cun incremento porcentual económico, porque é necesaria unha estratexia que vaia acompañada de máis recursos económicos, como o está a facer o Goberno galego a través da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia-RIS3”.
Millán Mon recibe en Bruxelas aos rapaces de Novas Xeracións para achegar o Parlamento Europeo á xuventude
O Parlamento galego pide declarar de interese público superior as centrais hidroeléctricas reversibles
Santiago, 7 de setembro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG, a través da que se insta á Xunta a declarar de interese público superior as centrais hidroeléctricas reversibles, como activos de almacenamento enerxético necesarios para acadar a seguridade de subministración enerxética, ao tempo que se garanta a construción das infraestruturas de almacenamento necesarias para a implantación destes proxectos, sempre que non supoñan novos obstáculos transversais no leito dunha masa de auga superficial.
Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, paso previo ao seu debate definitivo en Pleno
Santiago, 7 de setembro de 2022.- A Comisión de Industria do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, co que este novo texto lexislativo queda pendente da súa aprobación definitiva polo Pleno. A viceportavoz popular, Marta Nóvoa, lembrou que esta nova lei “combina o respecto ao desenvolvemento territorial sustentable co fomento da actividade económica na Comunidade galega, axilizando e flexibilizando a planificación e creación de solo para as empresas”.
O PPdeG presentará unha moción para instar ao Goberno central a priorizar a finalización da A-54 en cada concello afectado polo atraso no seu remate
Paula Prado visita xunto aos rexedores dos municipios prexudicados o tramo sen acabar da autovía Lugo-Santiago de Compostela e pide a inclusión desta infraestrutura nos Orzamentos Xerais do Estado de 2023