Santiago, 6 de setembro de 2022- O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a solicitar que o Goberno de España estude a posibilidade de habilitar un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, para unir aos certificados de últimas vontades ou do rexistro de seguros de cobertura de falecemento, existentes na actualidade.
Pedro Puy demanda “tranquilidade e sentidiño para que a normalidade sexa a tónica no comezo do curso escolar”
Santiago, 5 de setembro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe as “declaracións excesivas e alarmantes” de BNG e PSdeG respecto do inicio do curso escolar e pediu “confianza no sistema educativo e nos seus profesionais, así como tranquilidade e sentidiño para que a normalidade sexa a tónica neste comezo escolar”. “Lonxe de facer axustes, estamos a tomar decisións que melloran o ensino e que permiten que Galicia siga estando a cabeza de informes nacionais e internacionais”, manifestou.
O PPdeG defende ao sector da caza e reclama ao Executivo central consensuar un novo texto da lei de benestar animal
O PPdeG lembra á ministra Isabel Rodríguez o ataque que supón para Galicia o novo Regulamento de Costas
Os populares resaltan as prexudiciais consecuencias que supón a norma do Goberno central para o sector mar-industria
O PPdeG reivindícase como “o partido da xente” fronte a un Goberno central que vai “a rebufo” das políticas dos populares
A secretaria xeral salienta as axudas da Xunta ás familias e aos sectores máis afectados polo contexto económico e lamenta que o Executivo de Sánchez só se dedique a copiar as medidas propostas pola súa formación, como a baixada do IVE do gas
Aprobado no Parlamento o Plan de Obesidade Zero de Galicia 2022-2030, que inclúe a memoria económica solicitada polo Grupo Popular dun millón de euros para cada ano
Santiago, 2 de setembro de 2022- A Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia debateu hoxe as propostas de resolución presentadas polos grupos políticos e aprobou o Plan de Acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade en Galicia desde unha perspectiva de saúde pública 2022-2030, Plan de Obesidade Zero, que incorpora a proposta do Grupo Popular de incluír unha memoria económica dun millón de euros para cada ano.
O PPdeG esixe a comparecencia da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para explicar os motivos polos que excluíu a Galicia dos grandes nodos loxísticos de tren
Os populares piden ao Ministerio que rectifique e inclúa o Corredor Atlántico na súa planificación para implantar servizos de autoestrada ferroviaria
Revisión da Política Común de Pesca
Iniciativa sobre o apoio do Parlamento de Galicia ao ditame do Consello Galego de Pesca sobre a revisión da Política Común de Pesca e as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para trasladar as súas propostas aos parlamentarios galegos do Senado, Congreso dos Deputados e Eurocámara, así como a outras rexións pesqueiras e entidades representativas do sector pesqueiro europeo
Defensa do sector do arrastre de fondo dos ataques que está a sufrir por parte da Comisión Europea
Iniciativa sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda o sector do arrastre de fondo dos ataques que
está a sufrir por parte da Comisión Europea
Creación de oportuniddes para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da creación de oportunidades para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring