O Grupo Popular salienta que a Xunta inviste cada ano no transporte público por estrada 80 millóns de euros, o dobre do que está a pedir o BNG

Santiago, 4 de outubro de 2022.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou no Pleno do Parlamento galego que “Galicia dispón dunha rede de transporte público de competencia autonómica conformada por máis de 3.400 liñas renovadas e modernas, nas que se está a investir cada ano 80 millóns de euros, unha cifra que duplica a que solicita o BNG” na súa moción parlamentaria debatida esta tarde.

Continue reading

Os portavoces e a portavoz dos tres grupos parlamentarios remiten ao comisario europeo de Pesca o acordo unánime da Cámara galega en defensa da pesca de fondo

Santiago, 4 de outubro de 2022.-  Os portavoces e a portavoz dos tres grupos parlamentarios na Cámara galega, Pedro Puy, Ana Pontón e Luís Álvarez, remitiron hoxe tres cartas dirixidas ao comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkeviĉius; ao embaixador na Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER), Marcos Alonso Alonso; e ao Presidente da Comisión de Pesca (PECH) do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, na que lle trasladan e solicitan o cumprimento do acordo aprobado por unanimidade no Pleno do pasado 28 de setembro en defensa da flota pesqueira galega de arrastre de fondo.

Continue reading

O Parlamento galego aproba a lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade

Santiago, 4 de outubro de 2022.-  O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra de BNG e PSdeG, a nova lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega, “co obxectivo de dar solución ao gran problema de falta de facultativos que afecta a toda España”, manifestou a portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo.

Continue reading

O Grupo Popular saúda que a CIG recoñeza a evolución positiva da economía galega, destacando o modelo de crecemento san

Santiago, 4 de outubro de 2022.-  O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, saudou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o sindicato nacionalista CIG “recoñecera, nunha proposición non de lei de iniciativa popular defendida polo BNG, a evolución positiva da situación económica de Galicia, destacando o modelo de crecemento san que asenta a acción do Goberno galego”.

Continue reading

Pedro Puy sitúa a nova lei para a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade como “un exemplo máis do máximo interese da Xunta por paliar esta carencia”

 

Santiago, 3 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou o proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega como “un exemplo máis do interese máximo que está a poñer a Xunta por resolver a ausencia de médicos e a difícil cobertura dalgunhas prazas nos hospitais comarcais ou en áreas como a saúde mental”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que o Goberno de España sitúe o sistema de financiamento universitario de Galicia como o modelo a seguir

Santiago, 30 de setembro de 2022.-  O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, salientou hoxe que o Goberno de España sitúe o financiamento universitario de Galicia como “o modelo a seguir, poñendo de exemplo a conxelación das taxas universitarias desde o ano 2012 e o plan de financiamento do sistema universitario galego, que mobiliza cerca de 3.200 millóns de euros entre os anos 2022 e 2026”.

Continue reading

O Grupo Popular acusa ao BNG de “volver á súa esencia” opoñéndose á ampliación da autovía AG-59 entre A Ramallosa e O Rollo

Santiago, 30 de setembro de 2022.-  O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, acusou hoxe no Parlamento galego ao BNG de “volver á súa esencia opoñéndose a calquera avance nas infraestruturas viarias de alta capacidade ao criticar a ampliación do treito desde A Ramallosa ata O Rollo da autovía AG-59, cando este proxecto cumpre todos os requisitos necesarios e conta con todos os informes favorables pertinentes”.

Continue reading