14, xaneiro, 2019. O deputado galego no Congreso, Celso Delgado, asegurou que, cos seus Presupostos Xerais do Estado, “Pedro Sánchez retira inversións aos galegos para darllas a Torra e aos que o manteñen na Moncloa”.
Deste xeito, os populares galegos amosaron a súa preocupación polo proxecto de Orzamentos que acaba de presentar o Goberno para 2019 xa que se trata dunhas contas que son un instrumento de discriminación, penalizando por motivos políticos a unhas Comunidades –como o caso de Galicia- en favor doutras ás que os socialistas lles deben favores -como é Cataluña-.
Ademais, son unhas contas fóra de prazo que non se sabe cando se aprobarán nin como, con previsións ficticias que repiten erros do pasado, medrando o gasto sen ingresos reais que o soporten, ademais de supoñer unha altísima subida de impostos.
“Estamos moi decepcionados por comprobar a discriminación que se fixo con Galicia por cuestións exclusivamente políticas”, admitiu Delgado, que lamentou que o presidente do Goberno, “en lugar de facer o seu traballo de maneira responsable, se dedique a comprar cos cartos da nosa Comunidade un año máis a bordo do Falcon”.
“Estes presupostos castigan gravemente os intereses de Galicia, pasamos de ter un investimento co Goberno presidido por Mariano Rajoy de máis do 9% no 2018 ao 6,22% do investimento territorializado, o máis baixo dos últimos anos. Sen embargo, Cataluña pasa do 13 a un 17% de investimento”, recoñecía ao tempo que engadía que isto só responde e ser o pago de Sánchez polo seu aluguer na Moncloa, xa que os votos de Esquerra e PDECat foron decisivos na moción de censura e tamén o son agora para aprobar estas contas.
Así mesmo, Delgado afeou que haxa unha caída enorme de investimento en infraestruturas viarias e estradas para a nosa Comunidade, ademais de numerosos proxectos que se paralizan.
“Non podemos esquecer tampouco que estes presupostos van machacar ás clases medias e baixas polos impostos masivos, xa que soben o IRPF, o de Sociedades, o de Patrimonio ou as cotizacións á Seguridade Social –entre outros- algo que repercutirá negativamente nas empresas pero tamén nas familias. “É mentira que van pagar máis os ricos, como afirma Sánchez, senón que as familias modestas, os traballadores e os pequenos empresarios e autónomos veranse moi prexudicados pola subida de impostos como a do diésel”, manifestou.
Celso Delgado tamén avanzou que os populares galegos no Congreso presentarán cando comece o trámite de emendas “todas as que sexan necesarias para corrixir estes déficits”.
Por último, emprazou tanto aos socialistas galegos como aos integrantes das Mareas na Cámara Baixa a rexeitar estas contas xa que se atopan moi por debaixo do 8% de investimento que o Goberno bipartito consideraba que era necesario para a nosa Comunidade, ademais de non defender en absoluto os intereses dos galegos.