Skip to content

Demandas de interese para Galicia na presidencia española do Consello da UE no 2023

 

 

 

No segundo semestre de 2023, España ocupará a presidencia rotatoria do Consello da UE. Trátase dunha valiosa oportunidade para que o Goberno impulse os dossieres lexislativos e non lexislativos de especial interese para Galicia e o resto de España.

Por desgracia, e atendendo ao calendario electoral, existe o risco de que Goberno teña a tentación de desnaturalizar esta circunstancia, primando o electoralismo sobre a defensa dos intereses nacionais.

Historicamente, os presidentes socialistas aferráronse ás presidencias españolas do Consello da UE como táboas de salvación para rescatar a gobernos en horas baixas, buscando unha lexitimación externa da que carecían a nivel interno. Así ocorreu con Felipe González en 1995 e con José Luis Rodríguez Zapatero en 2010.

Todo apunta a que, no segundo semestre de 2023, e por terceira vez, un goberno socialista en crise tratará de converter a presidencia española da UE nunha plataforma propagandística orientada ás seguintes eleccións.

O  PP  de  Galicia,  como  partido  de  goberno  e  partido  de  Estado,  é  plenamente consciente de que a presidencia española da UE no segundo semestre de 2023 é unha gran oportunidade para que España coloque na axenda política da Unión asuntos do seu interese e impulse os dossieres que considere prioritarios. É por tanto unha empresa de país, que vai máis aló das cores políticas do Goberno en cuestión.

Tras o último Debate del Estado de la Nación, o venres 15 de xullo, o Congreso de los Diputados aprobou unha proposta de resolución presentada polo Grupo Popular na que se pedía, entre outros puntos, “impulsar el papel de España en la UE, especialmente a través de una agenda ambiciosa con ocasión de la presidencia española de la Unión que contemple entre otras medidas el reforzamiento del Estado de Derecho con la reforma de la Euroorden, la adaptación de los procedimientos internos de la Comisión que permitan agilizar la incorporación de Ucrania a la UE y el pleno desarrollo de una política común de seguridad y defensa.”

Ademais, a celebración en A Coruña do cumio hispano-alemán os días 4 e 5 de outubro é tamén unha gran oportunidade para que a principal economía da Unión Europea coñeza de primeira man os intereses e as demandas de Galicia.

Neste contexto, o Grupo Parlamentario Popular presenta unha serie de demandas de especial interese galego en materia europea, para que o Goberno de España as inclúa na súa axenda lexislativa, as aborde co Goberno alemán en A Coruña e as incorpore no seu programa de prioridades para a presidencia española do Consello da UE. O noso obxectivo é acadar un gran acordo entre as forzas parlamentarias e consensuar unha posición común.

Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno.

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central que incorpore, na súa axenda de cuestións a tratar co Goberno alemán na Coruña e no programa de traballo para a Presidencia española do Consello da UE de 2023, os seguintes elementos de especial interese para Galicia:

1.  Fondos europeos. Asegurar unha xestión e execución eficaces dos fondos Next Generation EU, de xeito que cheguen ao tecido produtivo galego, especialmente as PEMES.

a)  Reorientar o deseño e a xestión dos fondos europeos de recuperación Next Generation EU, como xa se propuxo recentemente no Plan Económico que o Presidente do PP remitiu ao Goberno.

b)  Confirmar  a  inclusión  nos  PERTEs  correspondentes,  ou  calquera  outra fórmula de apoio efectivo aos proxectos estratéxicos que Galicia ten trasladado ao Goberno central en diversas ocasións, dado o seu potencial transformador e o seu elevado impacto no emprego e ao seu aliñamento coas principais temáticas do Next Generatión EU.

c) En particular, acadar a participación no PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado, ou de calquera outra fórmula de axuda, do alto potencial de Galicia na industria automobilística e do seu principal produtor, Stellantis, que lidera desde o centro de Balaídos en Vigo a fabricación de vehículos en España.

2.  Pesca. Reorientar as normas europeas para asegurar a sustentabilidade social, económica e medioambiental da cadea mar-industria galega.

a)  Promover  unha reforma  da  Política  Pesqueira  Común  (PPC),  en  liña  co ditame aprobado recentemente polo Consello Galego da Pesca, para adaptar a PPC ás necesidades das comunidades costeiras europeas e aos novos retos globais, en concordancia das normas con ela conexas, como é o Regulamento de Control que se está a debater para a súa modificación.

b) Garantir a seguridade xurídica na planificación territorial da cadea mar- industria, en aplicación da Directiva de Ordenación do Espazo Marítimo, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e as Orientacións da Comisión Europea e o Consello en materia de acuicultura.

c)  Cumprir  na  UE  cos  principios  do  Manifesto  en  defensa  da  pesca,  o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas, subscrito o pasado 5 de xullo pola Xunta de Galicia e as entidades máis importantes da industria pesqueira galega rexeitando que a Comisión Europea avance de maneira unilateral na prohibición da pesca de fondo en augas europeas.

3.  Medio Rural. Adaptar as normas europeas sobre agricultura, gandeiría e montes á realidade de Galicia.

a)  Asegurar que a Política Agraria Común e o Plan Estratéxico Nacional inclúan e respecten as particularidades do medio rural galego.

b) Que a UE estableza criterios homoxéneos a nivel supranacional para compatibilizar de xeito adecuado a conservación do lobo coa actividade agrogandeira no medio rural e co mantemento da biodiversidade.

c) Acadar o apoio da Comisión Europea e financiación para o futuro Centro Integral de Loita contra o Lume na localidade ourensá de Toén, que se converterá nun auténtico campus forestal de  ámbito internacional  e será unha referencia en materia formativa para bombeiros de toda Europa.

4. Cultura. Promover o fenómeno xacobeo na Unión Europea como parte da Nova Axenda Europea para a Cultura e a Estratexia da UE para as Relacións Culturais Internacionais:

a)  Impulsar a sinalización dos Camiños de Santiago e outras rutas culturais de maneira homoxénea en toda a UE, co obxectivo de incrementar a súa visibilidade e a súa presenza.

b)  Que o logo da presidencia española da UE sexa alusivo aos Camiños de
Santiago, que son tamén Camiños de Europa.

c)  Que    o    “flagship    cultural    project”    (“proxecto    cultural    destacado”)    da
presidencia española estea relacionado cos Camiños de Santiago.

d)  Que se instale en Santiago de Compostela unha “Casa Europa” do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, seguindo a senda da Casa América en Madrid, a Casa Asia en Barcelona e a Casa África en Canarias.

5. Enerxía. Apostar por un modelo de transición enerxética ordenada, garantista, sustentable e respectuoso co medio ambiente, que permita achegar a familias, pemes e industria un prezo competitivo.

a) Que o Goberno aprobe un marco regulatorio competitivo e, en particular, acelere a aprobación e desenvolvemento do PERTE de descarbonización orientado á industria intensiva en enerxía, de xeito que se poida beneficiar dos fondos Next Generation EU; que oferte a enerxía do RECORE (Renovables, coxeneración e residuos) a un prezo regulado; que exonere o
80% das peaxes da enerxía e que active o servicio substitutivo das poxas de interrumpibilidade.

b) Que se alcance un acordo coa UE para a concesión de axudas estatais e mecanismos de compensación para evitar o peche e a deslocalización de empresas.

c)  Cimentar Galicia como hub gasístico en Europa coa reconversión nun hub de hidróxeno a medio prazo. Garantir o financiamento europeo para as interconexións enerxéticas.

6.  Transportes. Aproveitar ao máximo os fondos europeos dispoñibles para impulsar as sinerxías entre Galicia e Portugal co fin de poder reforzar a competitividade.

a)  Completar o antes posible a conexión ferroviaria de Galicia co Norte de Portugal.

b)  Que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana impulse canto antes a saída Sur de Vigo, que aínda segue en estudo de alternativas e sen planificación orzamentaria para a súa execución.

7.  Demografía e despoboamento. Integrar a demografía e o despoboamento nos distintos programas de financiamento da Unión Europea.

a)  Dar   continuidade   aos   traballos   desenvolvidos   pola   Vicepresidenta   da Comisión  Europea  para  Democracia  e  Demografía,  a  popular   croata Dubravka Šuica (Libro Verde sobre Envellecemento, Atlas da Demografía, Informe sobre o Impacto do Cambio Demográfico na Unión).

b)  Converter o despoboamento rural nunha emerxencia de ámbito europeo, en liña coas propostas da Visión a longo prazo para as zonas rurais da Comisión Europea, e incorporar beneficios automáticos na concesión de fondos europeos para as rexións despoboadas.

c) Que se adopte o antes posible o novo Acordo de Asociación do FEDER, incorporando o plan de acción en materia de demografía ao que fai referencia o considerando 43 do Regulamento do FEDER.

d) En cumprimento do Regulamento 2021/1060, de Disposicións Comúns aos fondos europeos, que tanto os Acordos de Asociación coma os Programas Operativos que conclúa o Goberno incorporen un enfoque integrado para abordar os retos demográficos.
8.  Política exterior. Reforzar a protección consular dos europeos en terceiros países. a)  Que as Delegacións da UE exerzan unha maior presión política ante os
Gobernos estranxeiros en casos de emerxencia consular, coma por exemplo,
no caso do terrible asasinato no coruñés Diego Bello en Filipinas, o tráxico afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova ou o recente sinistro do Albacora Cuatro en Seychelles.

9.  Relacións con América.

a) Impulsar a firma e ratificación dos novos acordos comerciais entre a UE e Iberomérica (Mercosur, México e Chile), que beneficiarían especialmente ás pemes galegas.
b)  Estudar    un    programa    de    intercambio    académico    entre    universidades
europeas, latinoamericanas e estadounidenses (“Erasmus transatlántico”).

c) Reforzar o compromiso coas liberdades nas ditaduras iberoamericanas de Venezuela, Cuba e Nicaragua, esixindo unha posición europea máis clara en apoio da causa democrática.

10. Defensa. Velar por que a renovada importancia da política europea de defensa beneficie a Galicia.

a) Reforzar o papel da Unión como provedor de seguridade marítima internacional.

b)  Insistir na necesidade de que os Estados membros marítimos reforcen as súas capacidades navais militares.

c) Que, entre os proxectos aprobados pola UE no marco da chamada “cooperación estruturada permanente no eido da defensa” (PESCO), e entre eles  o  desenvolvemento  dun  proxecto  de  patrulleiro  europeo  oceánico, inclúan alomenos un Buque de Acción Marítima (BAM) nos asteleiros de Navantia na ría de Ferrol.

Noticias recomendadas

Os senadores do PP lucense afean que “o Goberno de Sánchez non teña intención de rebaixar o status de protección do lobo”
“O Goberno de Sánchez non ten intención de rebaixar o status de protección do lobo e, ademais, deriva aos seguros agrarios”, segundo afirman os senadores do PP lucense -José Manuel
O PPdeG agarda que Sánchez deixe de pensar só nunha comunidade e pense en todas na Conferencia de Presidentes: “Se de verdade hai vontade de chegar a acordos, haberá acordos”
O PPdeG considera que a Conferencia de Presidentes de mañá é unha oportunidade para que Pedro Sánchez “dea unha boa nova a Galicia” pero ten claro tamén que para iso
Miguel Lorenzo: “El apoyo y trabajo de nuestros afiliados y simpatizantes hará que logremos el cambio que piden los coruñeses”
El líder del Partido Popular en la ciudad de A Coruña, Miguel Lorenzo, reunió hoy a los afiliados y simpatizantes de la formación en una cena de Navidad en la
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies