Skip to content

Endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda, especialmente no caso de mafias

Iniciativa sobre a modificación dos artigos 245 e 269 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro do Código Penal para endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda ou inmoble, especialmenteo no caso de mafias

 

Nos últimos anos, aumentou o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas por parte das mafias en España, ao igual que continuou o incremento das denuncias por violación ou ocupación a domicilios, segundo datos do Ministerio do Interior.

Galicia tampouco é allea a ese fenómeno. Os medios de comunicación facíanse eco recentemente  dun  informe  da  Federación  Galega  de  Empresas  Inmobiliarias,  que cifraba en 600 vivendas as ocupadas en Galicia, cun incremento do 15,3 % respecto do ano anterior, concluíndo que a usurpación e violación de vivendas constitúe un grave problema social.

A vivenda protéxese no ordenamento xurídico español para evitar a ocupación («okupación», como popularmente se coñece a estas accións ilegais), tanto desde a perspectiva penal como civil e administrativa. A ocupación, en efecto, é a tenencia ou posesión dun ben de maneira ilexítima e ilegal, en contra da vontade do propietario ou posuidor con título ou dereito.

O Código Penal contén, en primeiro lugar, o delito de usurpación no artigo 245 CP, como medida evidentemente desalentadora do movemento da denominada ocupación (en palabras da Sentenza do Tribunal Supremo 720/2018, de 13 de decembro de 2018).

Esta resolución tamén indica que «concorrendo espazos de protección superpostos» a vivenda protéxese na vía civil «a través dos procesos “sumarios” de protección do dereito real inscrito (art. 250.1.7 LAC en relación co artigo 41 LH), interditais (art.
250.1.4 LAC en relación co 446 CC) ou do desafiuzamento por precario (con forza de cousa xulgada, e por ilo con plenitude de coñecemento e medios probatorios, relativo ao ámbito posesorio de cuxa recuperación se trata), con fundamento no dereito á posesión real do titular, coas consecuentes facultades de exclusión e de recuperación posesoria, derivados do CC e da LAC (sen que poida opoñerse a posesión clandestina e sen coñecemento do posuidor real que, conforme ao art. 444 CC non afectan á posesión)»

A defensa contra actos que perturben a posesión dun inmoble destinado a vivenda que se conten no mencionado artigo 250.1.40 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, foi modificado pola Lei 5/2018, do 11 de xuño, con resultados moi positivos en canto ao acurtamento de prazos e axilización de procedementos, cun tratamento  especial  do  xuízo  verbal  para  o  exercicio  do  interdito  de  recobrar  a posesión, permitindo pedir a inmediata recuperación da plena posesión dunha vivenda ou parte dela, sempre que se vira privada dela sen o seu consentimento a persoa física que sexa propietario ou posuidor lexítimo por outro título e as entidades sen ánimo de lucro con dereito a posuír a vivenda e as entidades públicas propietarias ou posuidoras lexítimas de vivenda social.

En terceiro lugar, a vivenda protéxese administrativamente a través da Lei Orgánica de Seguridade Cidadá na que se recolle como infracción leve no artigo 37 do seu texto a ocupación de calquera inmoble, vivenda ou edificio alleo, ou a permanencia neles, en ambos os casos contra a vontade do seu propietario, arrendatario ou titular doutro dereito sobre o mesmo, cando non sexan constitutivas de infracción penal.

As tres vías xurídicas redundan na protección do dereito a vivenda (que é un principio reitor do artigo 47 CE) e o dereito á propiedade privada sen esquecer a función social determinada legalmente desta (que é un verdadeiro dereito contido no artigo 33 CE, no Capítulo Segundo do Título Primeiro, referente aos dereitos e liberdades, que se sitúa entre os «dereitos e deberes dos cidadáns» da Sección 2.a).

Pero ademais das medidas legais xa existentes para combater esta forma de delincuencia e salvagardar a propiedade ou a posesión lexítima e pacífica, o ordenamento xurídico debe ser adaptado e mellorado para permitir unha protección efectiva dos titulares de dereitos e, ademais, ha de ter en conta un ben xurídico a protexer que ata o de agora non tivo a debida consideración: a convivencia veciñal pacífica e respectuosa en aras da seguridade das persoas e as cousas. Trátase de situacións, moi comúns, en que a ocupación dunha vivenda de maneira ilegal e en contra do titular da mesma prodúcese comportanto unha alteración da convivencia veciñal, é dicir, non se entende unicamente perturbado o dereito do propietario ou posuidor lexítimo, cuxa defensa xa contempla o ordenamento xurídico, senón que se provoca unha inseguridade dos veciños da comunidade de propietarios na que se instalan os ocupantes ilegais. Ás veces pola ruptura das normas de réxime interno de
vedadas ao resto de veciños que sí conviven con títulos xurídicos. As duras consecuencias  non  só  para  a  propiedade,  senón  para  a  seguridade  que  ten  a ocupación nas súas diversas formas, aconsellan un reforzo das medidas actualmente existentes no ordenamento xurídico, tanto a nivel penal como administrativo e civil. A iso únese un ámbito, o da Comunidade de Propietarios, que sendo civil, quedou ata o de agora sen mención xurídica.

En definitiva, trátase de asegurar o desaloxo inmediato da vivenda ocupada no caso de que a situación sexa de fragrante delito, e no caso de que non o sexa, en 24 horas por parte da Policía; a recuperación do delito de usurpación de bens inmobles con pensas de entre 3 e 5 anos para que se poidan tomar medidas cautelares; asi como a imposibilidade de que se poidan empadroar e ter acceso a determinados beneficios e de endurecer as penas no caso de que se trate de mafias organizadas.

Así como deslindar con claridade as situacións de vulnerabilidade ou exclusión social por motivo de vivenda e de protección ás familias en situación de emerxencia social, co fenómeno da ocupación ilegal a que esta iniciativa responde. A un okupa non se lle desafiuza, desalóxase, e ao vulnerable protéxeselle, sen que o Estado traslade á cidadanía as súas propias responsabilidades en ningún de estes dous casos.

Por todo o anterior o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión :

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a que proceda a:

1.-      Modificar os artigos 245 e 269 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro do Código Penal para endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda ou inmoble, especialmente no caso de mafias. Recuperar o delito de usurpación de bens inmobles con penas de entre 3 e 5 anos.

2.-      Incluír novas medidas procesuais na Lei de Axuizamento Criminal para mellorar a protección das persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarias ou posuidoras lexítimas dunha vivenda ou inmoble  co  obxectivo  de  recuperar  a plena posesión dunha vivenda ou parte dela, sempre que se viran privados da mesma sen o seu consentimento. Proceder ao desaloxo da vivenda ocupada en situación de flagrante delito ou, en caso de que non o sexa, en 24 horas por parte da Policía.

3.-     Modificar a Lei 49/1960 sobre propiedade horizontal para que se habilite ás comunidades de propietarios como persoas xurídicas para que poidan iniciar osevitando actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas.

4.-      Incluír un novo apartado no apartado 4 do artigo 18 da Lei  7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local para evitar a inscrición no padrón municipal dun ocupante ilegal definido na Lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios.

Así como solicitar que esta inscrición se considere nula e non constitúa proba da súa residencia ou domicilio nin se lles atribúa ningún dereito. A tales efectos, os concellos darán de baixa de oficio ou a instancia do propietario ou posuidor real lexítimo as inscricións en canto tiveran coñecemento dilo.

5.-      Modificar a lexislación tributaria para a redución de obrigacións contributivas de arrendadores que xustifiquen a non percepción de rendas”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies