O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, no seu afán por facer que a maioría dos galegos note a recuperación, no primeiro ano desta Lexislatura a Xunta «quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns».
Daniel Vega invita á oposición a visitar A Mariña para comprobar «o traballo que aquí se fai co eucalipto, de xeito ordenado e creando riqueza e emprego»
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega invitou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición, “que tanto critican o eucalipto, a visitar a comarca de A Mariña para comprobar o traballo que aquí se fai con esta especie arbórea, de xeito ordenado, cun monte limpo e creando riqueza e postos de traballo”.
Encarna Amigo:»A cerrazón de En Marea privou que se aprobara no Parlamento demandar á Xunta a construción do novo centro de saúde en Gondomar»
Santiago, 9 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo criticou que “a cerrazón de En Marea privara de que se aprobara no Parlamento unha proposición non de lei demandando á Xunta a construción do novo centro de saúde en Gondomar e que asuma todas as necesidades sanitarias deste concello”.
O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha Guía Farmacoterapéutica común
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a consolidar o Programa de Atención Farmacéutica nos centros sociosanitarios en Galicia mediante a elaboración dunha Guía Farmacoterapéutica común.
O GPP solicita o funcionamento continuado da OMIX de Vigo e que o Concello aproveite os recursos que oferta a Xunta para a xuventude
Santiago, 9 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez defendeu esta tarde no Parlamento o mantemento do funcionamento continuado da Oficina de Información Municipal Xuvenil (OMIX) de Vigo, ao tempo que demandou ao Concello que non desaproveite os recursos que oferta a Xunta de Galicia dirixidos á mocidade.
O Parlamento solicita a introdución das novas tecnoloxías e drons nas tarefas de vixilancia e control do furtivismo no mar
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda que a Xunta continúe a actual liña para combater o furtivismo no mar, introducindo na medida das posibilidades os avances que as novas tecnoloxías nos ofrecen, como é o caso dos drons, para as tarefas de vixilancia e control.
O Parlamento demanda apoio do Goberno central e Xunta para estender ata Tánxer a autopista marítima de Vigo
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta, apoiando a proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, a demandar do Goberno do Estado e da Unión Europea a axilización dos trámites necesarios para lograr estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes.