Santiago, 4 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do Grupo Común de Esquerdas e o BNG, así como a abstención de socialistas e Grupo Mixto, a través da que se demanda do Goberno central a convocatoria de novas poxas de enerxías renovables para permitir aumentar a potencia eólica instalada en Galicia e, en consecuencia, a produción de enerxías renovables na comunidade galega.
O Grupo Popular asegura que no Sergas trabállase na mellora das listas de espera, priorizando sempre en función da gravidade
Santiago, 4 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que no Sergas “trabállase cada día en políticas que permitan mellorar as listas de espera, priorizando sempre en función da gravidade, co firme compromiso de axilizar a asistencia e, por suposto, sempre tratando de dotar aos usuarios da capacidade de decisión”.
O Parlamento galego reitera a súa demanda ao Goberno central para que elimine as taxas de reposición de prazas na sanidade pública
Santiago, 4 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reitera a demanda ao Goberno de España para que retire a limitación das taxas de reposición de prazas para o sistema sanitario público.
O PPdeG afirma que a Xunta seguirá traballando para que o Conservatorio de Vigo desenvolva as súas actividades nas mellores condicións
Santiago, 4 de decembro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “seguirá exercendo as súas competencias para que o Conservatorio Superior de Música de Vigo desenvolva as súas actividades nas mellores condicións”.
O Grupo Popular asegura que o PPdeG e o Goberno galego van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia
Santiago, 3 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, incidiu hoxe no Parlamento, respecto do peche do paritorio no Hospital de Verín, que “este grupo parlamentario, e o Goberno que sustenta, van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia ou presión sindical ou política, veña de onde veña, porque o contrario sería totalmente irresponsable”.
O PPdeG salienta que Galicia se adiantou ao Parlamento Europeo na declaración de estado de emerxencia climática
Santiago, 3 de decembro de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe no Parlamento que “Galicia adiantouse ao Parlamento Europeo na declaración do estado de emerxencia climática nesta comunidade autónoma, logo da aprobación dunha resolución do PPdeG no último Debate sobre o Estado da Autonomía á que non se sumaron os grupos da oposición”.
O PPdeG afirma que a Xunta elabora un plan estratéxico para a formación no ámbito agrario, gandeiro e forestal
Santiago, 3 de decembro de 2019.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno galego está a elaborar un Plan estratéxico integral para a formación no ámbito agrario, gandeiro e forestal, dirixido a potenciar estes sectores produtivos galegos a través dun relevo xeracional profesional e formado.