O PPdeG pide no Parlamento a convocatoria urxente dunha xuntanza entre o comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León

19 de marzo de 2023. O Grupo Popular demandará no Parlamento galego que o Goberno de España convoque de maneira urxente unha xuntanza co comisario do Corredor Atlántico e as comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León para tratar as necesidades específicas nesta infraestrutura ferroviaria, que se deben traducir en 8.000 millóns de euros máis no Plan Director. Así mesmo, pídese igualdade de oportunidades, investimentos e de avances entre o Corredor Atlántico e o Corredor do Mediterráneo.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta o incremento dun 41 por cento dos viaxeiros rexistrado desde a inauguración da nova estación intermodal de Vigo

17 de marzo de 2023. O deputado do Grupo Popular José Luís Ferro salientou hoxe no Parlamento galego “o considerable incremento do número de viaxeiros rexistrados na nova estación intermodal de Vigo desde a súa apertura no mes de decembro”. En concreto, dixo que no mes de febreiro contabilizáronse 12.972 viaxeiros, o que supón un 41 por cento máis que no mesmo mes de 2022.

Seguir leyendo

O Grupo Popular pide ao Concello de Neda que se decante por algunha das alternativas propostas pola Xunta para eliminar os vertidos do río Xubia

17 de marzo de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Neda “valore e se decante por algunha das alternativas propostas que no mes de decembro lle fixo a Xunta de Galicia para eliminar os vertidos á ribeira do río Xubia, que son os que están a xerar o maior problema ambiental na ría de Ferrol”.

Seguir leyendo

O Parlamento pide ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva das comunidades nas decisións sobre a industria

15 de marzo de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas na estrutura de gobernanza do ecosistema industrial español, ao tempo que xestione fondos Next Generation para a industria que eviten poñer en risco os principais proxectos tractores desenvolvidos desde Galicia, nun marco que favoreza a complementariedade das accións públicas e privadas.

Seguir leyendo

O PP insiste no traspaso da AP-9 e denuncia o bloqueo da súa tramitación no Congreso por parte de PSOE e Podemos

14 de marzo de 2023. O Partido Popular volverá insistir mañá na necesidade de traspasar a AP-9 durante a reunión no Congreso da Ponencia encargada de debater a transferencia da titularidade e competencias desta autopista a Galicia, máis de dous anos despois da toma en consideración da súa tramitación e despois de 17 meses de bloqueo por parte de PSOE e Podemos.

Seguir leyendo