O PPdeG traslada ao Congreso dos Deputados a solicitude de transferencia das competencias de meteoroloxía a Galicia

O PPdeG traslada ao Congreso dos Deputados a solicitude de transferencia das competencias en materia de meteoroloxía concretas para unha máis precisa xestión das alertas derivadas dos avisos meteorolóxicos en Galicia co fin de contar cun sistema meteorolóxico “con capacidades de alta precisión e adaptado ás características particulares da Comunidade”.

Logo de que o pasado mes de decembro o Parlamento de Galicia aprobase esta demanda e á espera de que o Goberno central faga efectivo o traspaso desta competencia, os deputados galegos na Cámara Baixa veñen de rexistrar unha proposición non de lei coa que afondan na importancia desta demanda “para garantir a seguridade e a resiliencia da poboación galega e os seus sectores produtivos”.

No texto da iniciativa explican que, aparte de existir precedentes de comunidades autónomas que xa teñen avanzado no seu autogoberno no relativo ás competencias sobre meteoroloxía e emerxencias, como é o caso do País Vasco e Cataluña, Galicia conta ademais con “rasgos xeográficos e climáticos particulares” polo que é preciso contar cunha rede de medición de parámetros meteorolóxicos máis completa e precisa no territorio.

Fan referencia así á súa extensión costeira, ao seu clima proclive a precipitacións intensas e ventos de alta velocidade, á influencia das mareas en núcleos poboacionais e industriais, e a como a combinación de todos estes factores afecta de xeito particular ás numerosas áreas rurais espalladas por todo o territorio.

“A especificidade climática de Galicia demanda un sistema meteorolóxico con capacidades de alta precisión e adaptado ás súas características particulares”, argumentan sinalando que a creación do organismo autonómico Meteogalicia derivou precisamente da “insuficiencia” da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) para responder a estas necesidades específicas.

Desde a súa posta en funcionamento, destacan, MeteoGalicia consolidouse como “un referente na observación e predición climática” que conta cunha rede de radares avanzados e precisos cubrindo todo o territorio –en total, 160 estacións meteorolóxicas fronte ás 52 da Aemet– e que, grazas á súa proximidade e ao seu coñecemento do terreo, proporciona avisos máis axustados ás realidades locais e que melloran así as alertas temperás para a prevención dos riscos.

“A pesar da súa demostrada eficacia, Meteogalicia desprega de maneira limitada a súa capacidade por unha supeditación ao sistema estatal. Algo que restrinxe a súa capacidade para desenvolver todo o seu potencial”, conclúe a iniciativa dos populares e polo cal instan ao Goberno central a adoptar as seguintes medidas:

  1. Reforzar e mellorar a colaboración xa existente coa Xunta de Galicia para que MeteoGalicia ostente competencias suficientes que permitan equiparar os efectos xurídicos dos avisos meteorolóxicos propios cos da Aemet, respectando e compartindo as competencias do Goberno central nesta materia en todo o territorio do Estado.
  2. Garantir un incremento do investimento na rede de observación e predición meteorolóxica autonómica, con especial énfase na mellora de infraestruturas como radares, estacións meteorolóxicas e sistemas de modelización climática.
  3. Transferir á Comunidade Autónoma de Galicia os recursos persoais e materiais precisos, en virtude da delimitación das competencias estatais e autonómicas, no marco dunha política de xestión de riscos climáticos adaptada á realidade territorial e climatolóxica galega.

O PPdeG pon en valor as políticas que permiten que Galicia siga medrando e trazando un futuro próspero, innovador e con máis emprego

O Partido Popular de Galicia pon en valor a estabilidade e a boa xestión do Goberno galego no que se refire ás súas políticas de emprego, permitindo que a nosa Comunidade siga medrando e trazando un futuro próspero, innovador e con cada vez máis postos de traballo.

En declaracións aos medios esta mañá, a secretaria xeral dos populares galegos asegurou que “a Galicia que funciona exemplifícase con datos” e, neste sentido, apuntou que a nosa Comunidade foi a que rexistrou un maior crecemento do PIB per cápita nos últimos 15 anos e que o pasado ano se pechou coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro de toda a serie histórica.

“Así é como facemos país, creando emprego e sendo un polo de atracción para novos inversores”, concluíu Paula Prado no marco da reunión da Comisión de Emprego do PPdeG celebrada na Bodega Viña Costeira de Ribadavia e que encabezou acompañada polo responsable de Emprego no Goberno galego, José González, e o coordinador desta área no partido, Pablo Fernández.

A número dous do PPdeG salientou así mesmo que a provincia de Ourense é tamén un exemplo neste sentido, xa que o descenso do paro mensual na provincia foi o segundo máis pronunciado de todas as provincias españolas e, na última década, o paro descendeu en Ourense case nun 50%.

Algo que, na súa opinión, non é casualidade, senón que é froito da estabilidade que aportan os gobernos do Partido Popular – tanto na Xunta, como na Deputación ou en concellos como Ribadavia – e que contrasta coa inestabilidade dos “pactos de pelexas” entre PSOE e BNG.

AVANCE NA TRAMITACIÓN DA NOVA LEI DE COOPERATIVAS

Pola súa banda, o responsable de Emprego do Goberno galego, José González, avanzou que este ano se cumprirá o compromiso electoral de rematar a tramitación da nova Lei de cooperativas de Galicia. Unha norma adaptada á realidade actual e futura da nosa Comunidade e que ten como obxectivo a axilización da creación de novas entidades e a consolidación das xa existentes dándolle pulo ao Rexistro autonómico de cooperativas.

Engadiu que o compromiso da Xunta coa economía social se plasma no orzamento destinado a este eido en 2025, que ascende a 44,8 millóns de euros (case un 2,8% máis que o ano pasado).

O titular de Emprego enmarcou as accións a prol da consolidación deste ecosistema na segunda Estratexia da economía social, unha planificación con horizonte 2027 coa que se aspira a xerar 4.000 empregos e a crear 400 entidades, posicionándose nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

No campo específico do cooperativismo, recordou que o último Consello da Xunta de 2024 avaliou tanto o programa Aprol Economía Social —para fomentar o emprego e a mellora da competitividade nas cooperativas e sociedades laborais— como a convocatoria única do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación, neste último caso co fin de avanzar na difusión dos valores deste modelo empresarial solidario e pegado ao territorio.

As cifras, salientou, avalan o apoio autonómico ao cooperativismo, cun aumento dunhas 500 entidades desde 2020 ata chegar agora a preto de 2.000 cooperativas activas en toda Galicia (case 250 na provincia en Ourense) entre as que o sector agrario —dixo— é un claro referente. No marco da súa contribución á creación de actividade económica e emprego, destacou que a provincia ourensá pechou decembro con cifras históricas de paro, con bos datos tanto de emprendemento como de recorte nas listas de desemprego.

AS COOPERATIVAS CONSTRÚEN UN MUNDO MELLOR

O alcalde de Ribadavia, César González, quixo agradecer ao partido que escollera o seu concello para celebrar esta reunión que tivo por obxectivo analizar e realizar propostas no marco do Ano Internacional das Cooperativas declarado este 2025 pola ONU baixo o lema “As cooperativas constrúen un mundo mellor”.

Neste sentido quixo poñer en valor á Bodega Viña Costeira como “unha institución senlleira do cooperativismo galego” que, grazas ao seu vínculo co territorio e a súa aposta pola comarca do Ribeiro, exemplifica “os bos resultados que se acadan coa combinación da nosa xente e a nosa terra”.

O PPdeG márcase como propósito do novo ano “seguir traballando pola Galicia que funciona e facer realidade os compromisos adquiridos”

O PPdeG márcase como propósito para este novo ano e logo do apoio maioritario recibido polos galegos e galegas no 2024 “seguir traballando por cumprir a palabra dada, facendo realidade os compromisos adquiridos e blindando a Galicia que funciona co presidente Alfonso Rueda á fronte”.

Así o manifestou esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, nunha rolda de prensa na que reivindicou que “grazas á normalidade excepcional da que desfruta Galicia, o ano iníciase cuns Orzamentos aprobados e en vigor desde o 1 de xaneiro”.

“Iso é o que permite seguir ofrecendo solucións aos problemas reais dos galegos e galegas en cuestións fundamentais como a conciliación, a igualdade, a educación, a vivenda, a sanidade ou a loita contra a violencia de xénero”, explicou ao tempo que contrapoñía esta situación coa prórroga –por segundo ano consecutivo– dos Presupostos Xerais do Estado do 2023.

Tildando de “parálise” o balance da xestión de Pedro Sánchez, ao que afeou o cerco de corrupción ao seu redor, a número dous dos populares galegos prognosticou un 2025 no que todo apunta que continuarán os agravios constantes do Goberno central coa nosa Comunidade.

“Este debería ser o ano no que, por exemplo, se puxera fin aos problemas ferroviarios ou se fixeran afectivos os traspasos de diferentes competencias. En cambio, empezamos o 2025 con máis problemas ferroviarios, cunha nova subida nas peaxes da AP-9 e a AP-53 e novamente cun bloqueo por parte do PSOE –coa complicidade do BNG– ao traspaso da principal autoestrada de Galicia”, apuntou.

Este agravio é o que levará ao PPdeG a, neste novo ano, continuar “reivindicando a dignidade de Galicia fronte a un socialismo galego que antepón sempre a Sánchez fronte aos intereses dos galegos e fronte a un partido independentista como o BNG, que, como xa fixera cos seus bulos sobre os pélets, segue dedicándose a asustar á xente e prexudicando aos sectores que din defender”.

“Se fixeramos caso ao falso alarmismo dos nacionalistas galegos, hoxe non circularíamos por unha AP-9 que anos atrás definían como ‘navallada a Galicia’, nin contaríamos con empresas tan importantes como Alcoa ou Ence”, concluíu subliñando a compatibilidade entre industria e respecto ao medio ambiente.

A ESQUERDA E VENEZUELA

Paula Prado anunciou que esta tarde tanto ela mesma como unha ampla representación do partido participarán nas mobilizacións que terán lugar nas cidades galegas en defensa da liberdade e da democracia en Venezuela: “O pobo venezolano encherá de esperanza as rúas do mesmo xeito que encheu as urnas de votos pola liberdade e contra a tiranía”.

“Os demócratas temos que seguir ao seu carón e facelo con convicción”, remarcou lamentando que o PSOE galego siga sen esixir a Sánchez que dea a voz de alarma e apelando á necesidade de que “España defenda desde o Goberno do Estado a democracia e a liberdade”.

Do mesmo xeito, criticou con dureza o comunicado asinado esta semana polo BNG e no que non só se fala da ditadura de Maduro como “un modelo político e social”, senón que se fai un chamamento a “solidarizarse coa Revolución Bolivariana”.

Tanto a socialistas como aos nacionalistas invitounos a sumarse ao apoio e a solidariedade amosadas hoxe polo PPdeG coa familia de Carlos Correa, o activista de orixe galego detido en Venezuela nos últimos días. Neste sentido, Paula Prado, pediu abertamente ao Goberno de España que traballe pola súa liberación.

La gallega Rosa Sánchez Gándara señala junto a otros senadores del PP que “ya está bien de hacer caja con el esfuerzo de los españoles asfixiados a impuestos”

El Grupo Parlamentario Popular en el Senado exige al Gobierno central que “ponga fin a su hachazo fiscal” a costa de “meter la mano en el bolsillo de los españoles”.

“Ya está bien de hacer caja con el esfuerzo de los españoles asfixiados a impuestos”, manifiestan tras reunirse con representantes del sector de las peluquerías y estética para abordar la bajada del IVA al 10% y cuya tramitación se encuentra paralizada en el Congreso de los Diputados.

Durante la reunión, a la que ha asistido la senadora del PPdeG por Ourense Rosa Sánchez Gándara, han escuchado las demandas del portavoz de Alianza por la bajada del IVA a la Imagen Personal, José Luis Azañón; la portavoz de la plataforma Creer en Nosotros, Silvia Muros; la presidenta y la secretaria de la patronal estética FANAE, Concepción Vela y María del Carmen Vázquez, respectivamente.

“Desde que Sánchez llegó a la Moncloa la subida de impuestos ya roza el centenar. Con el nuevo año incorpora 9 subidas de impuestos más”, explican los senadores populares, al tiempo que recuerdan que con “Sánchez las familias pagan más impuestos que nunca, ya que ahora cada español paga 2.600 euros más en impuestos al año, mientras que el Estado recauda un 43% más que en 2018. Esto es insoportable”.

Así, reprochan que desde el Ministerio de Hacienda suban el IVA al 4% a los alimentos básicos, como el pan o los huevos; mientras que otros alimentos como la pasta pasan del 7,5% al 10%. “Basta ya de ahogar a los españoles y a su cartera”, inciden desde el PP.

ARMENGOL NIEGA UN ALIVIO AL SECTOR DE LAS PELUQUERÍAS

Durante la reunión de este miércoles, Rosa Sánchez y el resto de senadores del PP ha abordado la bajada del IVA al 10% del sector de las peluquerías y estética, aprobada hace más de un año en el Senado a iniciativa del PP, y cuya tramitación “se encuentra secuestrada por orden de Sánchez”, en el Congreso de los Diputados.

“Exigimos al Congreso que deje de retener esta ley. Es la primera de las 15 leyes Feijóo aprobadas en el Senado, y Armengol niega el debate por miedo a perder la votación”, subrayan.

Explican que se trata de una reivindicación que el sector lleva pidiendo desde hace 12 años para mantener la actividad y el empleo. “¿Y cuál ha sido la postura del Gobierno? Rechazar cualquier tipo de mejoras impositivas alegando siempre falsas excusas”, apostilla.

Igualmente, critican que en el Congreso se han producido hasta 39 prórrogas a esta ley, “lo nunca visto”, ironizan. Por ello, recuerdan a Armengol que el próximo 5 de febrero “tiene una oportunidad para acabar con esta situación. Poner fin a una tomadura de pelo para un sector de nuestro tejido productivo que emplea a 150.000 personas, que ven en riesgo sus puestos de trabajo”.

O PPdeG insta ao Goberno central a permitir o uso dos remanentes orzamentarios por parte dos concellos para mellorar os servizos municipais

O Partido Popular de Galicia solicita á Fegamp que intermedie co Goberno central para defender aos concellos permitíndolles utilizar o superávit orzamentario de 2024 de xeito autónomo e co fin de financiar aqueles servizos públicos que teñan maior necesidade en cada caso.

Unha medida coa que, en opinión do voceiro dos populares galegos no organismo que representa aos municipios e provincias de Galicia, Ángel Moldes, se contribuiría tamén a “paliar os problemas de financiamento que acusa, de xeito xeneralizado, a administración local”.

“Trátase dunha medida fundamental para os concellos tendo en conta, ademais, o incremento xeneralizado dos custes na prestación de servizos. Uns custes que, nalgúns casos, están provocando un aumento das taxas e dos impostos municipais á veciñanza para poder facerlles fronte”, explica.

Foi durante a última Xunta Directiva da Fegamp na que se recolleu a preocupación que comparten todos os alcaldes e alcaldesas polo uso que van poder facer do superávit orzamentario. Unha incógnita que está condicionando nalgúns casos incluso a elaboración dos orzamentos municipais do ano 2025. “É urxente e necesario que escoiten a voz dos alcaldes e tomen medidas ao respecto”, apunta Moldes neste sentido.

Cómpre recordar que durante os exercicios 2020, 2021, 2022 e 2023 o Goberno central suspendeu as regras fiscais en España. Pero esta medida non se fixo extensible ao 2024, no que, en caso de que non se regule algo distinto ao respecto, se aplicaría o artigo 32 da LOEPSF relativo ao destino do superávit orzamentario.

Ángel Moldes recorda que as regras fiscais limitan o gasto do diñeiro que sobra cada exercicio aos concellos e que, polo tanto, “falamos duns cartos que son da veciñanza e que deberían destinarse á prestación de servizos”.

“Os concellos non somos os culpables da débeda pública, polo que é inxusto que sexamos nós os que debamos asumir de xeito directo estas consecuencias con limitacións de gasto dun diñeiro que é da veciñanza e tendo en conta, a maiores, os problemas de financiamento que sufrimos”, conclúe.

O PPdeG esixe ao Goberno central claridade nos seus plans sobre Muface e garantías na continuidade da atención sanitaria aos mutualistas

O Partido Popular de Galicia esixe ao Goberno central unha postura clara sobre os seus plans de futuro para Muface e sobre a atención sanitaria aos mutualistas de xeito que se garanta a súa continuidade asistencial e, de ser necesario, tamén a súa integración progresiva na sanidade pública.

Unha demanda que se produce logo dunha reunión entre deputados do PPdeG no Congreso e representantes do sindicato CSIF na que se abordou a preocupación dos 1,5 millóns de funcionarios que agora están en Muface –máis de 58.000 só en Galicia– polo futuro da súa asistencia sanitaria. Especialmente logo do fracaso que supuxo a primeira licitación efectuada polo Goberno.

«Os prazos vanse rematando e o Goberno central, como en tantas outras cousas, segue sen ter unha postura común e clara sobre esta situación tan complexa”, sostén a deputada Marta González ao tempo que demanda unha maior vontade de negociación coas aseguradoras «para garantir que os empregados públicos reciban a atención sanitaria que demandan».

Ante isto, os populares galegos trasladaron ao sindicato maioritario de funcionarios o seu compromiso coa defensa, a continuidade e o fortalecemento do modelo de Muface. De aí a súa esixencia dunha solución definitiva por parte do Goberno central que poña fin á incerteza e á intranquilidade de milleiros de empregados públicos que ven perigar a súa asistencia sanitaria.

IMPACTO NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

Cómpre recordar que, ante a falta de información e planificación do Goberno central, o Goberno galego realizou un informe sobre o impacto que suporía dar atención aos 58.000 asegurados de Muface no sistema sanitario público de Galicia.

As principais conclusións deste informe apuntan a un aumento do gasto sanitario de case 170 millóns de euros ao ano e a un incremento da actividade asistencial actual de entre un 2 e un 3%. Tamén aumentarían en 11,4 días a lista de espera cirúrxica e en 4,3 días a de consulta co especialista.

De aí que desde o PPdeG consideren necesario máis información, máis planificación e máis coordinación por parte do Ministerio de Sanidade. Especialmente ante a posible incorporación ao Sergas destes mutualistas, que, apuntan, deberá ser progresiva e escalonada para non colapsar algúns servizos e garantir a continuidade asistencial.