- Unha vez máis, un gran número de veciños achegáronse ata o banco azul para sentar co candidato do PPdeG e trasladarlle as súas inquedanzas
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2016.-O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, percorreu onte a Costa da Morte para interesarse polas necesidades dos veciños de Muxía, Vimianzo, Camariñas e Fisterra e coñecer en primeira persoa as súas propostas.
A xira que está a levar a cabo o líder dos populares galegos por tódolos recunchos da xeografía galega situouse onte no noroeste da comunidade, onde Feijóo se centrou, unha vez máis, no contacto directo a pé de rúa coa cidadanía.
Unha vez máis, un gran número de veciños achegáronse ata o banco azul para sentar co candidato do PPdeG e trasladarlle as súas inquedanzas, que tamén tiveron ocasión de depositar por escrito nunha urna que os populares empregarán para deseñar o seu programa electoral de cara ás eleccións autonómicas.
O líder dos populares galegos continuará o seu percorrido polos concellos galegos durante as vindeiras semanas co fin de sumar o máximo número posible de propostas dos galegos e galegas para, deste xeito e entre todos, poder seguir deseñando na vindeira lexislatura “a Galicia que ti queres”, como reza o lema desta xira.