Blanco explicou que o incremento das plantacións de eucalipto responden á maior demanda dos propietarios pola súa alta rendibilidade, que se traduciu en que máis da metade das cortas realizadas en 2015 corresponderan a esta especie e supuxeran máis de 150 millóns de euros para 80.000 familias galegas. “Se o que se pretende é plantexar unha falsa dicotomía entre os que están en contra do eucalipto, e os que están a favor, aí non nos atoparán”, sinalou.
Moisés Blanco referiuse tamén ao aprobado na comisión de estudo sobre política forestal respecto do aproveitamento da biomasa forestal, onde se demanda o desenvolvemento dun plan estratéxico para o seu fomento como modelo de eficiencia ecolóxica, económica e social para o monte e os recursos forestais de Galicia.