Pregunta sobre a valoración da Xunta de Galicia da orixe e das causas dos distintos lumes que asediaron a provincia de Ourense na segunda fin de semana de setembro de 2020
A provincia de Ourense sufriu na fin de semana de 12 a 13 de setembro varios lumes orixinados en distintos puntos do seu territorio, acadando unha especial extinción en concellos como Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Vilar de Barrio e especialmente en Lobios, cunha afección directa no Parque Natural do Xurés.
A evolución dalgún destes incendios obrigaron á Xunta de Galicia a declarar a Situación 2, é dicir, activar os mecanismos de prevención e de protección civil para protexer núcleos poboados, tal e como sucedeu en Cualedro ou Rairiz de Veiga.
A Xunta de Galicia e as administracións locais despregaron neles todos os seus medios persoais e materiais, solicitando tamén axuda á Unidade Militar de Emerxencias, mais as circunstancias climatolóxicas (especialmente o forte vento) fixeron moi difícil conter a expansión do lume.
O coñecemento destas circunstancias meteorolóxicas adversas foi, segundo declaracións do conselleiro do Medio Rural, determinante na orixe destes lumes que a Xunta, a través dos seus equipos de investigación forestal, ve claramente intencionados.
Por todo o exposto, os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte pregunta oral urxente en Pleno:
Que valoración fai a Xunta de Galicia da orixe e das causas dos distintos lumes que asediaron á provincia de Ourense na pasada fin de semana?
Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PUP-000069