Proposición non de lei sobre reducción do IVE turístico
Sen ningunha dúbida, un dos sectores máis debilitados pola crise económica e sanitaria motivada pola expansión da covid-19 é o sector turístico.
O Estado de Alarma obrigou a pechar durante meses á práctica totalidade dos establecementos turísticos en Galicia, xusto ás portas do comezo da tempada alta, perdendo a semana santa a gran parte dos meses do verán.
Este situación afectou especialmente ás pequenas e medianas empresas, que perderon a maior parte dos ingresos do ano, moitos xusto despois de realizar importantes investimentos.
Actualmente, aínda que progresivamente estanse recuperando os visitantes, segue existindo unha grandísima volatilidade no sector, que
demanda das administracións públicas seguridade e certezas, así como medidas de dinamización económica que permitan paliar os danos dunha das maiores crises da historia recente.
Neste contexto, resulta máis necesario que nunca a aplicación de medidas de alto impacto, que permitan repoñerse a un sector fundamental para a economía de Galicia e do conxunto de España.
Unha destas medidas excepcionais, amplamente demanda polo sector, é a rebaixa do IVE turístico, que aliviaría notablemente a carga fiscal á que están sometidos os visitantes, incentivando a demanda e dinamizando economicamente un sector profundamente debilitado nestes momentos.
Por todo isto:
Image O Parlamento de Galicia insta ao Goberno central a reducir o IVE turístico, unha medida fundamental para a recuperación económica dos centos de miles de profesionais do sector turístico en Galicia.
Iniciativa Rexistro: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000055