Santiago, 23 de outubro de 2020.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, salientou hoxe a flexibilidade e simplificación facilitada pola Xunta de Galicia para a solicitude das axudas ás comunidades de montes dirixidas á prevención dos incendios forestais, que entre os anos 2020 e 2021 chegan a 6.380.000 euros.
En concreto, Candia lembrou que a orde pola que se conceden estas axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común tramitouse de xeito anticipado e ademais bianualizouse a dotación orzamentaria.
“O feito de bianualizar o orzamento destas subvencións ten como obxectivo permitir unha maior flexibilidade aos colectivos beneficiados á hora de proceder á súa xestión”, manifestou.
ANTICIPO DO 50 POR CENTO
Así mesmo, Elena Candia apuntou que “se simplificaron os controis, admitíndose probas documentais achegadas polos beneficiarios; ao tempo que se permitiu, de xeito excepcional para paliar os efectos derivados da pandemia da Covid-19, que se puidera anticipar ata un 50 por cento das axudas concedidas”.
“Este marco especial na tramitación destas axudas non tiña outro obxectivo que diminuír na medida do posible a complexidade e os efectos derivados da pandemia da Covid-19 tanto no sector como sobre os propios servizos da Consellería do Medio Rural, obrigados en parte desde 2020 a teletraballar”, explicou.
Candia asegurou que “a Xunta non ten ningún interese en que se produzan demoras na publicación de ningunha orde de axudas, e menos de aquelas que teñen como obxecto unha cuestión tan sensible como a prevención de incendios forestais