Santiago, 5 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana, o último deste período de sesións, xa que se aprobarán tres novos textos legais: o da primeira universidade privada de Galicia, o dirixido a garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación; e o que recoñece a violencia vicaria como violencia de xénero. “Con estas tres novas leis, sumaremos 14 neste primeiro ano de lexislatura, moitos deles dirixidos á recuperación económica e social ante a pandemia da Covid-19”, sinalou.
?Primeiro período de sesións moi intenso polas circunstancias que estamos a vivir e pola actividade lexislativa, con 14 novas leis aprobadas:
✅9 proxectos de lei remitidos polo Goberno galego
✅3 proposicións de lei do @ppdegalicia
✅2 proposicións de lei do BNG pic.twitter.com/hJlhQUieTC— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 5, 2021
Pedro Puy comezou a comparecencia ante os medios de comunicación trasladando o pésame e o ánimo á familia e aos amigos do mozo falecido na noite do sábado ao domingo consecuencia da brutal malleira que lle propinaron un grupo de persoas, das que xa que realizaron varias detencións por parte das forzas da orde. “Desde o Grupo Popular queremos rexeitar, unha vez máis, calquera forma de violencia, sexa a que sexa a súa motivación e pedir á sociedade respecto polos demais”, sinalou.
PLENO LONGO
A modo de avance para o Pleno que se celebrará a vindeira semana, e á espera da celebración mañá da Xunta de Portavoces, que pechará a orde do día da sesión plenaria, Puy indicou que “vai ser longo, porque van converxer diversas cuestións, e terá un marcado carácter lexislativo”. En primeiro lugar, dixo que se procederá á aprobación do proxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, promovida por Abanca.
?️Marcado carácter lexislativo do Pleno que acollerá o debate final do proxecto de lei da Universidade Intercontinental da Empresa, positiva para a economía galega cun investimento en educación superior e non vai xerar distorsión coas universidades públicas,indica Pedro Puy pic.twitter.com/uVTzLNIdo8
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 5, 2021
O portavoz popular lembrou que esta iniciativa conta co informe favorable do Ministerio de Universidades e converterase no primeiro proxecto de universidade privada aprobado en Galicia. “Saudamos que Galicia, unha das poucas comunidades autónomas que aínda non conta con universidade privada, conte cun proxecto deste tipo, que non vai afectar ao financiamento das universidades públicas e que vai permitir ampliar a oferta formativa existente na Comunidade galega”, manifestou.
?Saudamos a unanimidade nas proposicións de lei do próximo pleno sobre igualdade no ámbito da investigación e a reforma da Lei de loita contra violencia de xénero para incluír a violencia vicaria as que se unirá no próximo período de sesións a violencia dixital, Puy @ppdegalicia pic.twitter.com/obkvxAp8ws
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 5, 2021
Ademais deste proxecto de Lei, está prevista a incorporación ao Pleno do debate definitivo de dúas proposicións de Lei “que, por primeira vez nesta lexislatura, contan co apoio unánime dos tres grupos parlamentarios”. A primeira ten como obxectivo garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación; mentres que coa segunda recoñecerase a violencia vicaria como violencia de xénero.
VALEDORA, CONSELLO DE CONTAS E DITAME RECONSTRUCIÓN
Pedro Puy salientou a “intensidade lexislativa” neste primeiro ano de lexislatura, xa que ao seu remate teranse aprobado 14 novos textos legais. En concreto, saíron adiante 9 proxectos de Lei remitidos polo Goberno galego (ademais da lei de orzamentos para 2021 e a lei de medidas fiscais e administrativas, se aprobaron as leis de pesca continental; ordenación do territorio; impulso demográfico; residuos e solos contaminados; acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia; museos e outros centros museísticos; e a da primeira universidade privada de Galicia).
Así mesmo, aprobaranse neste primeiro ano da XI lexislatura cinco proposicións de lei remitidas polos grupos parlamentarios: a de reforma da Lei de saúde de Galicia; a de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; a de recuperación da terra agraria de Galicia (estas tres a iniciativa do Grupo Popular); a de igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación; e a de recoñecemento da violencia vicaria como violencia de xénero (a proposta do BNG).
Por último, o portavoz popular engadiu a previsión de que no vindeiro Pleno teña lugar a comparecencia da Valedora do Pobo, para dar conta do seu informe anual correspondente a 2020; a elección dos seis membros do Consello de Administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia; o debate dos informes do Consello de Contas e aprobación das propostas de resolución; e, finalmente, a aprobación final do ditame da Comisión de Reactivación económica, social e cultural ante a crise da Covid-19.