Skip to content

Francisco Conde aposta por “poñer a Lugo no mapa das prioridades” do próximo Goberno de España

O cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, Francisco Conde, explicou en declaracións aos medios de comunicación despois da foto de familia da candidatura do PP lucense ao Congreso e ao Senado de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro que “desde o PP lucense partimos co obxectivo de poñer a Lugo no mapa das prioridades do próximo Goberno”. Así o sinalou tras a foto de familia da candidatura do PP lucense ao Congreso e ao Senado de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro.

Conde, xunto coa secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, asegurou que “asumimos esta campaña con moita responsabilidade, humildade e ambición” porque “somos plenamente conscientes da situación que temos en España, en Galicia e en Lugo” e cremos que “Lugo se xoga moito”.

De feito, defendeu que “a nosa provincia ten unha oportunidade para reivindicar as súas capacidades en materia industrial e enerxética, no sector primario ou na loita contra o reto demográfico”. En definitiva, unha oportunidade para que Lugo poida seguir avanzando na creación de emprego e dar oportunidades aos nosos mozos e tamén aos nosos maiores”.

O cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo asegurou que “imos estar pegados ao territorio. Imos escoitar con moita humildade aos lucenses para identificar esas prioridades e, sobre todo, trasladar a alternativa que supón o Partido Popular”.

Nese sentido, “temos ao mellor candidato posible, Alberto Núñez Feijóo, que coñece moi ben España, Galicia e, como todos sabemos, a provincia de Lugo”. Ademais, subliñou que “vai a trasladar confianza e liderar o que cambio que tanto precisa España, Galicia e Lugo”.

PAULA PRADO: “PSOE E BNG SON O MESMO PERRO CON DIFERENTE COLAR”

A secretaria xeral do PPdeG afirmou que “España merece un cambio”, porque “non podemos estar instalados na parálise” e “ten que volver funcionar”. Para que o país “saia deste desgoberno” -incidiu-, é necesario que “o PSOE non siga gobernando” e que o BNG “non teña tampouco esa capacidade de influír”. Porque -advertiu- “votar ao BNG é o mesmo que votar ao PSOE”, porque “o BNG foi quen puxo tamén aí a Pedro Sánchez á fronte do Goberno”: “Son o mesmo perro con diferente colar”.

A situación de declive que provocaron oito anos de sanchismo, engadiu Paula Prado, e que no caso da provincia de Lugo tradúcense en “falta de infraestruturas” e “desconexión”, entre outras eivas, “obriga a poñer enriba da mesa” unha “alternativa seria de futuro e cambio para España”, que “goberne para todos”, e que “lidera Alberto Núñez Feijóo”. Con “capacidade de xestión, solvencia e rigor” acreditados, é “o que España merece e España necesita”.

A secretaria xeral do PPdeG contrapuxo a forma de actuar dos populares, que prefiren saír “á rúa” para “escoitar á xente” e resolver problemas, mentres outras formacións políticas saen á rúa para queimar contedores e agredir a comerciantes e xornalistas.

Así mesmo, Paula Prado cualificou o equipo de candidatos e candidatas lucenses ao Congreso e ao Senado, encabezados por Francisco Conde e José Manuel Barreiro, como unha “gran candidatura”, capacitada para obter nestas Eleccións Xerais, como xa fixo en 2023, “os mellores resultados de España para o PP”.

ELENA CANDIA: “LUGO SUFRIU DE PRIMEIRA MAN O DESGOBERNO DE SÁNCHEZ”

Finalmente, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, puxo en valor o “bo equipo representativo de homes e mulleres, xente que se incorpora por primeira vez e xente con experiencia, son persoas de distintos sectores que coñecen á perfección as necesidades dos nosos concellos e dos nosos sectores produtivos, a carencia de infraestruturas e, en definitiva, o que a nosa provincia necesita”. Nese sentido, pediulles a todos eles que “traballen por e para Lugo”.

Candia cre que “os lucenses coñecen como Lugo sufriu de primeira man a situación dun desgoberno, a carencia de orzamentos e os compromisos incumpridos”. E subliñou que “o que temos enfronte, cando tivo que elixir entre Partido Socialista, entre Pedro Sánchez, entre BNG ou Lugo, sempre todos, sen distinción, elixiron o primeiro”.

Por iso, “ademais dos mellores desexos” para o proxecto que lidera Alberto Núñez Feijóo porque “será o mellor para a nosa cidade e para Galicia”; insistiu en pedir que “Lugo estea no centro”. Con ese obxectivo, “traballaremos para que se acade ese resultado e que Lugo estea no centro do seu traballo”.

Noticias recomendadas

Paula Prado defende o PP como “única opción de cambio” para poñer fin á inseguridade xerada pola esquerda nas cidades como A Coruña
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende que o Partido Popular é a única opción real para o cambio en España e para o restablecemento de servizos públicos esenciais
García Comesaña pide “un apoio maioritario” a Feijóo “fronte a un PSOE ineficaz e neglixente” e os seus socios, como o BNG
O cabeza de lista do PP ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, solicitoulle aos cidadáns un “apoio maioritario e unha confianza rotunda” en Alberto Núñez
Paula Prado anima aos galegos e galegas a “formar parte do cambio” arroupando a Feijóo nun acto multitudinario en Santiago o 14 de novembro
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anima aos galegos e galegas que queiran “formar parte do cambio” en España a arroupar a Alberto Núñez Feijóo nun gran acto multitudinario
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies