O deputado nacional pola provincia de Lugo e portavoz de Industria do Partido Popular no Congreso, Francisco Conde, valorou a situación actual do proxecto de Altri, subliñando que conta cun informe medioambiental que avala a súa viabilidade desde o punto de vista do impacto no territorio.
Neste contexto, Conde reclamou compromiso tanto por parte de Altri como do Goberno central. A empresa debe garantir o cumprimento de todos os condicionantes establecidos pola Xunta de Galicia, así como demostrar a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto positivo en Galicia, sinalou o deputado popular.
Así mesmo, instou ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar e cumprir coa súa responsabilidade. Lembrou que o Ministerio de Industria mantén o proxecto bloqueado e que lle corresponde defendelo en Bruxelas, xa que cumpre cos requisitos medioambientais e industriais establecidos pola Comisión Europea.
Ademais, Conde destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica coñece a necesidade de dotar ao proxecto das infraestruturas necesarias para a súa conexión á rede, elemento fundamental para garantir a súa viabilidade.
En definitiva, o deputado popular fixo un chamamento á rectificación por parte do Goberno para permitir o desenvolvemento dun proxecto que pode xerar novas oportunidades para a mocidade galega, especialmente na provincia de Lugo.
Conde subliñou tamén que Altri está aliñado cos obxectivos de loita contra o cambio climático, sustentabilidade e transformación dixital. Por este motivo, instou ao ministro de Industria a comparecer no Congreso dos Deputados para comprometerse coa viabilidade deste proxecto, asegurando un trato igualitario con outras iniciativas industriais que cumpren cos criterios ambientais e industriais marcados pola Unión Europea.
Francisco Conde insta ao Goberno central a cumprir coa súa responsabilidade co proxecto de Altri logo que o informe medioambiental avale a súa viabilidade
Noticias recomendadas
O PPdeG recoñece a “política de calidade e pegada ao territorio” que fan os alcaldes e alcaldesas mozos, con “aprendizaxe e compromiso con Galicia”
O PPdeG pon en valor o traballo dos alcaldes e alcaldesas máis novos do partido, na medida en que demostran “día a día” que a “política de calidade” e “pegada ao
O PPdeG destaca o “investimento histórico” do Goberno galego en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais
O PPdeG destacou o “investimento histórico” do Goberno galego en materia de prevención e defensa contra os incendios, ao superar, este ano, os 213M€, un 18% máis que en 2025.
O PPdeG reafirma o seu apoio á veciñanza de Vigo ante o “desamparo” da esquerda, que xera “inseguridade” coa súa “inacción” fronte ás narcocasas e a okupación
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reafirmou hoxe o seu apoio á veciñanza do barrio de Fontiñas, en Cabral (Vigo), ante o “desamparo” e a “impotencia” que senten pola