O deputado nacional pola provincia de Lugo e portavoz de Industria do Partido Popular no Congreso, Francisco Conde, valorou a situación actual do proxecto de Altri, subliñando que conta cun informe medioambiental que avala a súa viabilidade desde o punto de vista do impacto no territorio.
Neste contexto, Conde reclamou compromiso tanto por parte de Altri como do Goberno central. A empresa debe garantir o cumprimento de todos os condicionantes establecidos pola Xunta de Galicia, así como demostrar a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto positivo en Galicia, sinalou o deputado popular.
Así mesmo, instou ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar e cumprir coa súa responsabilidade. Lembrou que o Ministerio de Industria mantén o proxecto bloqueado e que lle corresponde defendelo en Bruxelas, xa que cumpre cos requisitos medioambientais e industriais establecidos pola Comisión Europea.
Ademais, Conde destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica coñece a necesidade de dotar ao proxecto das infraestruturas necesarias para a súa conexión á rede, elemento fundamental para garantir a súa viabilidade.
En definitiva, o deputado popular fixo un chamamento á rectificación por parte do Goberno para permitir o desenvolvemento dun proxecto que pode xerar novas oportunidades para a mocidade galega, especialmente na provincia de Lugo.
Conde subliñou tamén que Altri está aliñado cos obxectivos de loita contra o cambio climático, sustentabilidade e transformación dixital. Por este motivo, instou ao ministro de Industria a comparecer no Congreso dos Deputados para comprometerse coa viabilidade deste proxecto, asegurando un trato igualitario con outras iniciativas industriais que cumpren cos criterios ambientais e industriais marcados pola Unión Europea.
Francisco Conde insta ao Goberno central a cumprir coa súa responsabilidade co proxecto de Altri logo que o informe medioambiental avale a súa viabilidade
Noticias recomendadas
O PPdeG urxe ao Goberno central medidas de vixilancia permanente ante as interaccións de candorcas con embarcacións no litoral galego
O PPdeG insta ao Goberno central a que active as medidas necesarias co fin de garantir a seguridade da navegación ante a repunta de interaccións de candorcas con embarcacións no
O PPdeG advirte que o Goberno de Sánchez pretende reducir ou eliminar servizos de transporte por estrada en Galicia, incumprindo a lei aprobada no Congreso
O PPdeG condena que “o Goberno de Sánchez insista en desconectar Galicia e converter a nosa Comunidade nun territorio cada vez máis illado” á vista de que pretende reducir ou
O PPdeG afea a radicalización do BNG e acúsao de poñerse de perfil ante actos de exaltación do odio e de intolerancia
A viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular e secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afeou, esta mañá, a radicalización do BNG e acusouno de poñerse de perfil ante “actos de odio”: