O deputado nacional pola provincia de Lugo e portavoz de Industria do Partido Popular no Congreso, Francisco Conde, valorou a situación actual do proxecto de Altri, subliñando que conta cun informe medioambiental que avala a súa viabilidade desde o punto de vista do impacto no territorio.
Neste contexto, Conde reclamou compromiso tanto por parte de Altri como do Goberno central. A empresa debe garantir o cumprimento de todos os condicionantes establecidos pola Xunta de Galicia, así como demostrar a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto positivo en Galicia, sinalou o deputado popular.
Así mesmo, instou ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar e cumprir coa súa responsabilidade. Lembrou que o Ministerio de Industria mantén o proxecto bloqueado e que lle corresponde defendelo en Bruxelas, xa que cumpre cos requisitos medioambientais e industriais establecidos pola Comisión Europea.
Ademais, Conde destacou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica coñece a necesidade de dotar ao proxecto das infraestruturas necesarias para a súa conexión á rede, elemento fundamental para garantir a súa viabilidade.
En definitiva, o deputado popular fixo un chamamento á rectificación por parte do Goberno para permitir o desenvolvemento dun proxecto que pode xerar novas oportunidades para a mocidade galega, especialmente na provincia de Lugo.
Conde subliñou tamén que Altri está aliñado cos obxectivos de loita contra o cambio climático, sustentabilidade e transformación dixital. Por este motivo, instou ao ministro de Industria a comparecer no Congreso dos Deputados para comprometerse coa viabilidade deste proxecto, asegurando un trato igualitario con outras iniciativas industriais que cumpren cos criterios ambientais e industriais marcados pola Unión Europea.
Francisco Conde insta ao Goberno central a cumprir coa súa responsabilidade co proxecto de Altri logo que o informe medioambiental avale a súa viabilidade
Noticias recomendadas
Rueda reivindica a Galicia “de todos” como un pobo “humilde, traballador, aberto e de futuro”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a cultura, a lingua, a historia e a tradición como patrimonio “de todos os galegos e galegas, sen excepcións, nin exclusividades por
O PPdeG lamenta que PSOE e BNG defendan “unha estafa para Galicia” e se desmarquen do texto unánime do Parlamento galego para a transferencia da AP-9
O PPdeG lamenta que PSOE e BNG rachasen co acordo unánime do Parlamento galego para a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia aprobado por última vez en decembro
Alberto Pazos, sobre o pacto da lingua: “A man tendida do PPdeG choca, unha vez máis, contra o muro do bloqueo institucional do BNG”
A man tendida do PPdeG choca, unha vez máis, contar o muro do bloqueo institucional do BNG”, sinalou, esta mañá, o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, tras a