Skip to content

Prado anima á veciñanza de Ourense a votar por Alberto Núñez Feijóo, quen “unirá ao país” e acabará coa “política de crispación e recortes”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o proxecto do Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo como o único que garante o “cambio necesario” que precisa España. Para a número dous dos populares galegos, o próximo 29 de novembro é unha oportunidade para elixir ao partido que levará “as inquedanzas e a voz de Ourense” ao Goberno e que “unirá ao país”, fronte a unha política de Sánchez e os seus socios que, en oito anos, centrouse “no abandono á provincia” e na política de “crispación e violencia”.

Así o manifestou durante un paseo pola cidade, acompañada pola cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Ana Vázquez, así como doutros membros da candidatura popular ás Cortes Xerais, aos que Prado definiu como “homes e mulleres valentes que serán a voz de Ourense” en Madrid, para o que pide á veciñanza da provincia o seu voto para o proxecto do PP.

Prado lamenta o “abandono” que sufriu Ourense nestes oito anos de Goberno de Sánchez, con socios coma o BNG, que “non fixeron nada por Galicia”. Entre outros agravios á provincia por parte do Executivo central, fixo referencia ás infraestruturas, como a autovía que conecta Ourense con Ponferrada ou a de Ourense-Lugo, cuxos numerosos atrasos provocan que Ourense e Lugo sexan as únicas capitais galegas non conectadas por autovía. Tamén citou os atrasos nas obras de remodelación da estación intermodal ou a falta de compromiso do Goberno coa estación de mercadorías de San Cibrao das Viñas.

Para a número dous dos populares galegos, a solución contra o abandono pasa polo apoio nas urnas ao Partido Popular. “Xa vimos como o PSOE, co BNG, absolutamente radicalizado, só ofrece violencia nas rúas”, lamentou, facendo referencia a episodios recentes como a agresión ao candidato do PP no País Vasco Jon Echeverría ou a falta de garantías de seguridade da campaña do Partido Popular no País Vasco. Neste sentido, Prado sinala que “a política da violencia e da crispación ten que rematar”, asegurando que será Alberto Núñez Feijóo quen “vai acabar coa polarización”.

ANA VÁZQUEZ: “OS OURENSÁNS SÓ CONTAMOS PARA PAGAR IMPOSTOS”

Pola súa banda, Ana Vázquez reivindicou a necesidade de que a provincia teña “forza e voz propia no Congreso e no Senado”, asegurando que os populares seguirán “porta a porta, veciño a veciño” para escoitar as demandas dos ourensáns e defender “o cambio que Ourense necesita” tras oito anos de “parálise e abandono”.

Vázquez puxo a vivenda como exemplo do balance do Goberno central na provincia. “Que obra fixo Sánchez en Ourense? Que investimento fixo? Que vivenda creou? Cero vivendas”, afirmou. A candidata reprochou ao Executivo que cobrase á Xunta un millón de euros por un terreo, onde a administración autonómica está a promover vivendas de alugueiro. Tamén salientou a proposta do PP de suprimir o imposto de transmisións patrimoniais para os mozos que compren unha vivenda no rural.

En materia fiscal, comprometeuse a defender a exención do IVE para os autónomos que facturen por debaixo dos 85.000 euros anuais. Segundo sinalou, a medida podería beneficiar a 22.600 autónomos da provincia de Ourense.

Defendeu tamén garantir a revalorización das pensións e aplicar un IVE do 0 % aos alimentos básicos. “Os ourensáns só contabamos para pagar os impostos cada mes e non recibir nada a cambio”, concluíu.

Noticias recomendadas

Miguel Tellado reivindica en Ourense a experiencia de Feijóo na Xunta e marca o obxectivo de lograr tres deputados e tres senadores populares na provincia
O secretario xeral do Partido Popular e cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Miguel Tellado, reivindicou hoxe en Ourense os trece anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da
Pepa Pardo denuncia o «abandono» do Goberno á avogacía polo incumprimento dos prazos da pasarela ao RETA e esixe respecto á independencia xudicial
A número dous do Partido Popular ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Pepa Pardo, mantivo esta tarde unha xuntanza de traballo coa xunta directiva e colexiados do Colexio da Avogacía
Miguel Lorenzo: “O 29N rescatemos a España enchendo as urnas de votos para Feijóo como primeiro paso para rescatar A Coruña en maio”
O presidente do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, participou nun mitin de campaña xunto co cabeza de lista ao Congreso pola provincia e Secretario Xeral do
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies