O presidente do PP da Coruña e candidato á Alcaldía, Miguel Lorenzo, participou nun mitin de campaña xunto co cabeza de lista ao Congreso pola provincia e Secretario Xeral do PP nacional, Miguel Tellado.
“É un orgullo compartir este acto co noso cabeza de lista nesta sala repleta de coruñeses desexosos de meter na urna a papeleta do Cambio Necesario, a de Alberto Núñez Feijóo. Eses coruñeses que nos destes a vitoria en todas as eleccións desde hai moito tempo. O 29N volveremos gañar e esta vez Feijóo gobernará en Madrid e en maio gobernarei na Coruña”, sinalou Lorenzo.
“Sabemos, Miguel, que o teu esforzo para estar hoxe aquí, porque sei que estás a percorrer toda España, é porque queres agradecer a súa entrega a cada cargo, cada afiliado e cada simpatizante, que O fan con gusto porque España, Galicia e A Coruña meréceno todo e o noso veciño Feijóo tamén. Tamén sei que vas pedir un esforzo máis porque este traballo vai dar o 5º deputado na provincia”.
Porque os nosos veciños “queren sentidiño, rigor e estabilidade que só o Partido Popular garante porque sabemos escoitar á xente e achegar solucións aos seus problemas. Con Feijóo a vivenda estará ao alcance da familias, pagar impostos será compatible con vivir mellor, traballar e emprender merecerá a pena”.
Con esas medidas para o futuro de España tamén se constrúe o da nosa cidade. “Porque A Coruña necesita outra forma de gobernar tamén desde Moncloa cun presidente que saiba onde está a nosa cidade, que coñeza as nosas necesidades e que demostrase que inviste na cidade. E o único é a do noso veciño Feijóo”.
Como Alcalde “traballarei de xeito conxunto con Feijóo desde a presidencia do Goberno e con Rueda desde a da Xunta e así os nosos mozos quedarán aquí, as nosas familias construirán aquí o seu futuro, as nosas empresas crecerán aquí”.
“O 29N haberá que elixir entre a S de Sánchez ou a F de Feijóo. E será a F porque España necesita o sentidiño de Feijóo que xa temos en Galicia con Rueda e que teremos na Coruña cando sexa Alcalde. O 29N rescatemos a España como primeiro paso para rescatar A Coruña en maio”, finalizou..