A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou esta tarde nunca charla coloquio en Pontevedra, onde participaron arredor de 400 persoas, para defender o proxecto de Alberto Núñez Feijóo e do Partido Popular como o único que pode realizar e liderar o cambio político necesario en España.
A representante popular trasladou as súas impresións sobre o futuro político de España nun encontro que contou coa participación da presidente do PP provincial, Luis López, do presidente do PP local, Rafa Domínguez, e dos candidatos ao Congreso, Pepa Pardo, Pedro Puy, Juan Bayon, Sara Martínez, Alfonso Vázquez; e do candidato ao Senado, Guille Juncal, que agradeceron a visita de Álvarez de Toledo e reclamaron o “voto útil” dos pontevedreses para contribuir a unha vitoria contundente nas eleccións do 29 de novembro.