O Grupo Popular salienta que o Goberno de España sitúe o sistema de financiamento universitario de Galicia como o modelo a seguir

Santiago, 30 de setembro de 2022.-  O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, salientou hoxe que o Goberno de España sitúe o financiamento universitario de Galicia como “o modelo a seguir, poñendo de exemplo a conxelación das taxas universitarias desde o ano 2012 e o plan de financiamento do sistema universitario galego, que mobiliza cerca de 3.200 millóns de euros entre os anos 2022 e 2026”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular acusa ao BNG de “volver á súa esencia” opoñéndose á ampliación da autovía AG-59 entre A Ramallosa e O Rollo

Santiago, 30 de setembro de 2022.-  O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, acusou hoxe no Parlamento galego ao BNG de “volver á súa esencia opoñéndose a calquera avance nas infraestruturas viarias de alta capacidade ao criticar a ampliación do treito desde A Ramallosa ata O Rollo da autovía AG-59, cando este proxecto cumpre todos os requisitos necesarios e conta con todos os informes favorables pertinentes”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a creación dun PERTE para a cultura

Santiago, 30 de setembro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a aprobación dun PERTE da cultura que contribúa ao fortalecemento do sector, con especial atención ás propostas presentadas polos diferentes axentes culturais no proceso de participación cidadá, en particular as remitidas pola Consellería ao Ministerio.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ás deputacións de A Coruña e Lugo que renoven o convenio coa Xunta para dar continuidade aos GES

Santiago, 29 de setembro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ás deputacións de A Coruña e Lugo que, no exercicio das súas competencias legalmente atribuídas, renoven o convenio para dar continuidade aos Grupos de Emerxencia Municipal (GES) das súas provincias, garantindo así a prestación dun servizo esencial para os veciños.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno central unha serie de cuestións de especial interese para Galicia en materia europea

Santiago, 28 de setembro de 2022.-  O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que incorpore na súa axenda de cuestións a tratar co Goberno alemán no cumio de A Coruña e no programa de traballo para a Presidencia española do Consello da Unión Europea de 2023 temas de interese para Galicia en materias como os fondos europeos, a pesca, o medio rural, a cultura, a enerxía, os transportes, a demografía e o despoboamento, a política exterior, as relacións con América e a defensa.

Seguir leyendo